#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal #Sin categoría #Terceira Futgal

Notas da Segunda e da Terceira na penúltima xornada de febreiro

Ás mellores e as peores actuacións da fin de semana teñen o seu espazo en Futbolinlugo. Nesta xornada con representantes nas nosas notas tanto da Segunda como da Terceira Galicia. Recollemos as accións máis destacadas en forma de goles, goleadas, malas xeiras e as accións menos deportivas.

A figura: Yoni do Monterroso B, 6 goles en 24 horas

Foi xornada de derbi na Ulloa, desta volta en Cerdeiriños. O Monterroso derrotou ao Antas para consolidar o seu liderato. Yonatan Mejuto Sobrado foi a figura do partido ao anotar os catro goles do seu equipo. Remontou o gol inicial do Antas para poñer o marcador en 3-1 e, despois do intento de achegarse no resultado do conxunto visitante, matou o partido co 4-2. O Antas metería o susto, pero finalmente o resultado quedou nun 4-3 e con Yoni como o sobranceiro do encontro. Pero a cousa non quedou aí, ás 24 horas de xogar o derbi, o Monterroso enfrontouse ao Guntín (un partido que fora aprazado), os de Cerdeiriños venceron por 4-0 e Joni volveu marcar dous tantos máis.

O ás: Antón do Iberia



Non é habitual que os xogadores repitan por segunda xornada consecutiva nas nosas notas, pero esta fin de semana Antón Teijeira volveu selo protagonista do Iberia na vitoria por 1-3 ante o Alfoz que volve poñer o equipo de San Miguel de Reinante preto dos postos de ascenso. Antón abriu o marcador cun gol de penalti, tras o empate do equipo local e o segundo gol de Marcos para o Iberia, Antón sentenciou o encontro preto do minuto 90 de novo con outro espectacular gol dende fóra da área.

Nin pé con bóla: Meira F.C.

O Meira sufriu una das goleadas máis duras da tempada na Segunda Galicia. Caeu por 7-0 ante o Cabreiros nun encontro no que o resultado ao descanso era de tan só 1-0 a favor dos locais. Non obstante, na segunda metade o coxunto de Xermade meteu seis goles máis que deixan o Meira na súa mala xeira de catro partidos sen gañar. O Meira queda na zona morna da táboa, na undécima posición con 25 puntos.



Demasiado intenso: Daniel do CD Río Sil

A nota negativa nesta xornada chega dende a Terceira Galicia sur. Un xogador do Río Sil foi sancionado polas súas accións da pasada fin de semana. Daniel Fernández non poderá xogar os seguintes catro partidos do seu equipo por producirse de maneira violenta cun adversario. A pesar da súa expulsión, o Río Sil foi quen de puntuar ante un dos equipos da zona alta da categoría, o Castroverde que tamén quedou con 10 pola expulsión de Bruno Prado.

 

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *