Como cada semana poñemos notas as mellores e as peores actuacións da pasada fin de semana na Segunda e na Terceira Galicia. Nesta xornada dáse a casualidade que as catro notas representativas correspóndense con equipos e futbolistas da Terceira Galicia.
A figura: Richi do Goiriz
Ricardo Jorquera «Richi» foi un dos xogadores destacados da pasada xornada con dous goles dos catro que marcou o Goiriz para derrotar por 4-0 ao Fonsagrada. Richi entrou no minuto 38 da primeira parte con 1-0 no marcador, e nos primeiros minutos do segundo acto encargouse de resolvelo partido con dous tantos. Grazas a este resultado, o equipo vilalbés é o novo líder da clasificación da Terceira Galicia grupo norte. Con tres puntos de vantaxe sobre o Roupar, aínda que os de Xermade teñen un partido menos.
O ás: Pedro do Matela


De novo recorremos á Terceira Galicia grupo norte para subliñar a actuación de Pedro Rodríguez. O habitual defensor do Matela tivo que poñerse esta xornada baixo os paus da portería ocupando a posición de porteiro -posto no que xoga ó fútbol sala-. Pedro tivo parte da culpa da vitoria do seu equipo ante o Cazás, nun encontro que rematou con un triunfo pola mínima (1-0) dos de Outeiro de Rei. Cos tres puntos o Matela non perde comba, está a seis do líder e con dous partidos menos.
Nin pé con bóla: F.C. Pradeda
Transcorría o minuto 36 da primeira metade no campo de Santa Eulalia de Pradeda e Carlos López anotaba o terceiro gol do conxunto local ante o Paradela, outro rival da zona media da Terceira Galicia grupo sur. Non obstante, dous minutos máis tarde, Daniel Rodríguez recurtaba distancias e o resultado ao descanso era de 3-2. Na segunda parte o equipo visitante anotou cinco goles máis para deixar unha goleada de 3-7 como resultado final.

Demasiado intenso: Cervo
O Cervo conseguiu un importante triunfo ao derrotar por 1-0 a un dos grandes da categoría, a SD Ourol, con gol de Evandro, consolidándose así, en postos de promoción de ascenso. Non obstante, as consecuencias do partido foron dous sancionados para o conxunto da Mariña. O máis grave, a sanción a Miguel Gomes que despois de ser expulsado por doble amonestación foi sancionado con nove partidos por incumplir distintas normas á hora de dirixirse ao colexiado.
Ángel
09th Feb 2017Hola comentaros que el corgo de segunda regional se reforzo para lo que resta de temporada del jugador Ángel Merino, exjugador del Santa Comba .
Iván Calaza
11th Feb 2017Ola! Poderiasnos enviar esta información ó correo para certificar de onde vén! Aquí futbolinlugo@gmail.com Graciñas!