#Alevíns #Benxamíns #Fútbol Base #Infantís #Prebenxamíns

Nace o CD Ceosport Lucense

Fai catro anos faciamonos eco do nacemento da sección de fútbol do CP Lucense, entidade que incorporaba o fútbol e o atletismo ao proxecto -xa existente- de balonmán. Cantas cousas pasaron dende entón!! Que se All-Star Futbolinlugo, que se pandemia, que se Xornadas Futbolinlugo… pero, desde aquel verán de 2017, tamén destacou o crecemento do CP Lucense, que a base de traballo e sacrificio foi aumentando o número de futbolistas e, agora, comeza un novo reto.

O CD Ceosport Lucense xorde a partires de un acordo entre CP Lucense e Ribeira FS, dous clubes que estaban a trabajar moi ben nos últimos anos (o CP en fútbol campo e o Ribeira sobre todo en futsal) e será unha continuación do proxecto iniciado catro anos atrás no tocante ao fútbol na herba: potenciar o fútbol base, a deportividade e a competitividade dos rapaces e rapazas, formar en valores aos e ás potenciais futbolistas…

A sección de fútbol do CP Lucense non se entendía sen o seu coordinador, José Manuel Díaz «Manel», que agora estará á fronte deste novo reto como coordinador deportivo. Ademáis, outro dos protagonistas desta nova aventura será Carlos, membro importante do Ribeira FS e co que falamos hoxe!

Futbolinlugo: Que é exactamente o CD Ceosport Lucense?



Carlos: É un clube de nova creación que borde a partir dun acordo entre CP Lucense e Ribeira FS. Aínda así, a xunta directiva será totalmente allea ás dos outros clubes. Incorporamos a Manel como coordinador e nós, a través do Ribeira, estaremos asociados a este novo conxunto mediante un convenio de colaboración. Por facelo sinxelo, algo similar ao que acontece con Residencia e Atlético Abuín, ou Milagrosa e Ferroviaria. Nós, desde o Ribeira, centrarémonos máis no futsal pero así poderemos potenciar tamén o fútbol campo.

Fil: En que categorías de fútbol campo terá representación esta nova entidade?

C: Desde prebenxamíns ata infantís. A futuro, queremos ter representación en todas categorías e, se houbese opción, xa saliriamos o próximo ano en cadetes ou xuvenís. Pero a captación desde cero en tan pouco tempo é complicada.



Fil: Cales serán os obxectivos do proxecto?

C: Si, o fundamental a formación e a diversión dos pequenos. A partires de aí, trataremos de ir medrando pero cos pés no chan!

Fil: Que papel xogará Carlos no CD Ceosport?

M: A través do convenio, levaremos a estrutura de fútbol sala. A nosa sección de fútbol campo e os rapaces interesados en iniciarse na herba pasarán a ser parte do Ceosport.



Nace o CD Ceosport Lucense

Diario dun mercado. Episodio 218

Nace o CD Ceosport Lucense

Diario dun mercado. Episodio 219

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *