#Primeira Futgal #Fútbol afeccionado

Máxicos Primeira. Xornada 4

portada maxicos

Un domingo máis, os máxicos da Primeira Autonómica, levados en volandas polos seus equipos, foron determinantes nos resultados dos seus clubes.

Guntín 1-1 Taboada: o Taboada dominou nunha primeira parte na que consegurion adiantarse. Superaron en intensidade a un Guntín que, froito da frustración, sufriu unha expulsión. Porén, no segundo tempo, aínda con dez xogadores, o Guntín mellorou e conseguiu o empate á saída dun córner. Tras a igualada, ambos conxuntos contaron con ocasións para levarse a victoria.

Lourenzá 3-1 Folgueiro: o Folgueiro mostrou a súa mellor versión no campo do Lourenzá, pero a sorte non acompañou aos do Vicedo. Tres erros na saída de balón, un na primeira metade e dous no segundo tempo, condenaron a un Folgueiro que puido empatar cando o 1-0 imperaba no electrónico. Porén, os locais estiveron moi serios e evitaron conceder ocasións claras. Xa co 3-0, Oki fixo o 3-1 cun golazo de falta.

Outeiro de Rei 1-0 Portomarín: os locais dominaron nos primeiros 45′ e, froito diso, Pereira fixo o 1-0 co que se chegou ao descanso. Na reanudación, o Outeiro puido sentenciar á contra, pero o Portomarín tamén apretou. De feito, os visitantes tiveron o empate no último minuto, cando a defensa local sacou un balón baixo paus para deixar os tres puntos no Municipal.



Sporting Pontenova 0-3 Castro: un Castro superior levouse a victoria da Mina. Porén, no primeiro tempo houbo oportunidades para os dous equipos, que nin locais nin visitantes materializaron. Na segunda parte, o Castro apretou máis e conseguiu os tres goles que lles deron a victoria nun campo sempre complicado.

San Roque 0-1 Chantada Atlético: o San Roque acusou as baixas, en particular no primeiro tempo, no que os chantadinos foron superiores e lograron poñerse por diante cun golazo de Adrián Salgado. No segundo tempo, os de Montirón melloraron e tiveron opcións de empatar, pero o Atlético tamén puido sentenciar aproveitando os espazos que deixaban os locais. Ao término dos 90′, 0-1.

Xove Lago 1-0 Burela: derbi entre clubes veciños que se decidiu cun tanto de Pelayo no 27′. Os burelenses combinaban e facían dano á defensa local, pero os locais sabían atacar os espacios nos contragolpes e tamén xeneraban perigo. Tras o descanso, o Burela seguiu apretando e tivo ocasións para facer o empate, nas que Trullo salvou aos seus. Tamén Kiko evitou que o Xove sentenciase con ataques rápidos. Partido moi vistoso o que se viviu no Municipal.



Chantada 1-0 San Lázaro: os do Sangoñedo dominaron a primeira metade, na que Pipita foi fundamental para evitar os goles locais. Trala reanudación, os da Ponte melloraron e estiveron a piques de adiantarse. Con todo, a SD seguiu apretando, e Buján conseguiu o único tanto do partido no minuto 80′.

Riotorto 1-0 Pastoricense: o derbi do Carracedo non foi todo o apaixoante que se agardaba. Foi un partido moi trabado, con moito balón parado e pouco ritmo, que se decidiu cun tanto de Adri mediado o primeiro tempo. Despois do paso por vestiarios o Pastoricense apretou, pero a defensa do Riotorto estivo moi sólida e conservaron a vantaxe, que os leva ata os 10 puntos.

Friol 2-1 Monterroso: a calidade individual de Omar e Rafa Casanova decantou un choque que o Monterroso tiña controlado ata o descanso (0-1). Na reanudación, un penalti dubidoso permitiu aos locais empatar, e o ímpetu friolense traduciuse no 2-1 definitivo, resultado que puido ser máis amplio se os da Reigosa aproveitaran as súas oportunidades na recta final.

Alfoz 0-1 Pol: o CD Alfoz puxo as mellores ocasións ante un Pol que tamén demostrou a súa condición de favorito con chegadas perigosas. Herrero avisou cun golpeo ao traveseiro e Guntín fixo o 0-1 no minuto 60′. Con todo, meritoria a actuación de Javi Pita, que evitou dous tantos dos De Castro de Ouro en sendas oportunidades. Finalmente, 0-1 para os do Manuel Luna.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *