Os Máxicos continúan a súa andaina pola Primeira Autonómica na procura dos diferentes obxectivos que cada club se marcou a comezos da temporada.
GRUPO ASCENSO:

Burela 0-0 Chantada Atlético: partidazo na Marosa entre dous equipos que propuxeron un fútbol de toque, vistoso, e no que ambos tiveron opcións de victoria. O Chantada Atlético foi máis incisivo na primeira metade, mentres que na segunda foi mellor o Burela, aínda que os visitantes tamén contaron con ocasións para levarse a victoria. Ao final, reparto de puntos nun partido precioso para o espectador.
Riotorto 1-1 Portomarín: foi mellor o Portomarín no primeiro tempo, froito do cal conseguiu o 0-1 e puido ampliar a renda de non ser pola boa actuación de Édgar. No segundo tempo o Riotorto xerou máis perigo por medio de balóns largos e unha presión alta, que se traduciu no 1-1 mediada a segunda parte. Ambos equipos buscaron o gol da victoria, de feito o Portomarín protestou un penalti que se saldou coa expulsión de Fernandito, pero o electrónico non se moveu, 1-1.


Pol 2-1 Taboada: victoria do Pol ante o Taboada que lle serve para engancharse de novo á loita polo ascenso. Os locais fixeron un partido moi serio, aínda que que o Taboada puxo en serios apretos á defensa da SD. Puxéronse por diante e os polenses, pero Gabri empatou ata que os visitantes anotaron o 2-1 no comezo da segunda metade. O Taboada rematou o choque embotellando ao Pol na súa área, pero finalmente 2-1 para os locais.
Castro 0-0 Chantada: as defensas impuxéronse sobre os ataques no Arturo Pereiro. Un choque moi serio por parte de ambos equipos apenas deixou ocasións entre dous conxuntos candidatos ao ascenso. O Castro levou algo máis a iniciativa no primeiro tempo, pero os de Montoto aproveitaron as súas armas e a piques estiveron de sacar máis de un punto da súa visita a vila do Lea, sobre todo na recta final do encontro.
GRUPO DESCENSO 1:


San Roque 2-2 Folgueiro: moita igualdade na Polvoreira. Comezou mellor o Folgueiro, que asinou o 0-1 nos primeiros 45′. Tras o paso por vestiarios mellorou o San Roque, que foi quen de remontar o partido con goles de . Porén, a figura de Aurelio emerxeu para rescatar o empate por medio dunha vaselina a falta de 15′ para o final. 2-2 nun choque no que os talentos foron os que marcaron a diferenza.
Pastoricense 1-0 Monterroso: o Pastoricense sacou tres puntos de ouro na visita do Monterroso ao Acebreiro. Os de Vitín foron mellores no primeiro tempo ante uns visitantes que afrontaban o choque con moitas baixas. Dani fixo un bo gol antes do descanso, que foi decisivo a postre. O Monterroso intentou, pero apenas inquedou a meta chairega.
San Lázaro 0-1 Sporting Pontenova: o Sporting puxo o xogo combinativo, mentres que o San Lázaro consegui crear perigo aos seus rivais ao recuperar balóns na saída de balón visitante. Tamén xeraron ocasións os locais por medio do balón parado. Poré, un Sporting máis agresivo no segundo tempo tivo opicións para adiantarse, aínda que no foi ata o minuto 75′ cando Adrián fixo un gran gol desde longa distancia para levar os tres puntos de Lugo para a Mina.
GRUPO DESCENSO 2

Outeiro de Rei 1-0 Lourenzá: moita igualdade en Outeiro de Rei, pero un gran remate de Pereira no 25′ logo dunha internada por banda de Artai deixou os tres puntos na casa. Tras o gol, os locais puideron ampliar a vantaxe e, aínda que os visitantes inquedaron á liña defensiva azulona, esta mostrouse moi expeditiva, sobre todo no segundo tempo. Así, o Outeiro demostrou a mellora experimentada en términos defensivos, e conseguiu unha victoria moi importante que supón o seu oitavo partido consecutivo sen coñecer a derrota.

Alfoz 2-2 Guntín: partido tolo no Municipal de Alfoz, en particular no segundo tempo. O Alfoz conseguiu o 1-0 por medio dun penalti transformado por Manolito no primeiro tempo. En cinco minutos do segundo tempo pasouse do 1-0 ao 1-1, e de aí ao 2-1. Finalmente, Debasa puxo o 2-2 definitivo que imperaría no electrónico ata o final. Os locais intentaron lograr a victoria por todos os medios, pero o Guntín defendeuse moi ben e a piques estivo de dar algún susto ao Alfoz no contragolpe.
Xove Lago 4-0 Friol: victoria necesaria do Xove ante un Friol que concedeu moitas ocasións aos seus rivais. Os locais mostráronse moi sólidos e intensos e, aos 11 minutos, xa anotaran o primer gol. Porén, non foi ata o segundo tempo cando o Xove conseguiu ampliar as diferenzas, e cando o fixo o Friol deixou máis espazos e os do Municipal sentenciaron.
