#Primeira Futgal #Fútbol afeccionado

Máxicos Futbolinlugo. Xornada 31

Tan só tres xornadas para o fin dos máxicos 22/23. A tensión é máxima nos campos da Primeira Galicia.

Taboada 1-1 Foz: partido moi divertido na Medela entre dous conxuntos que, a nivel clasificatorio, teñen a temporada feita. Iso propiciou que ambos equipos competisen moi ben, con bo fútbol e moitas ocasións desbaratadas polos gardamallas. Os locais adiantáronse pero o Foz obtivo o premio ao esforzo nos últimos intres, cando empatou o choque, 1-1 na Medela.

Pol 6-0 Foz: dominio do Pol ante un Xove baixo de efectivos. Os locais someteron ao seu rival ao longo dos noventa minutos, nos que anotaron un total de seis goles e gozaron de máis opcións para ampliar a renda. Un Xove combativo puido maquillar o resultado nos últimos minutos, pero non tivo sorte tampouco de cara ao gol, 6-0 no Municipal.

Outeiro de Rei 2-0 Riotorto: a primeira parte caracterizouse pola igualdade e a intensidade que ambos conxuntos puxeron no xogo. Os locais chegaban con balóns á espalda e, nun deles, Redondo fixo o 1-0 ante as protestas dos visitantes por posible fóra de xogo. No segundo tempo o Riotorto deu un paso adiante na procura do empate, pero o cambio de sistema do Outeiro permitiu que Buján sentenciase na recta final cun remate de cabeza, 2-0 final.



Chantada Atlético 0-0 San Ciprián: partido trabado o sábado pola tarde no Sangoñedo, no que os locais levaron o peso do xogo e os visitantes trataban de agardar para saír ao contragolpe. As ocasións caeron de ambos lados, pero as figuras do gardamallas local -Anxo Sampayo- e do visitante -Madariaga- emerxiron para permitir que o seu equipo sacase un punto de moito mérito nun desprazamento moi complicado.

Monterroso 0-2 Atlético Escairón: ritmo moi alto durante todo o choque en Cerdeiriños cunha primeira parte igualada e sen ocasións para ningún dos bandos. O Escairón fixo valer a súa condición de favorito no segundo tempo e, pese a que a igualdade era a nota dominante, Totó fixo o 0-1. Co resultado adverso, os locais acumularon máis xente en última liña e os visitantes puideron sentenciar en contragolpes. Porén, non foi ata o final cando Armesto transformaría unha pena máxima para sacar tres puntos moi complicados de Monterroso.

Santaballés 1-1 Burela: partido moi entretido na Liga, con dous equipos que propuxeron bo fútbol e gozaron de ocasións. Un erro visitante en saída de balón foi aproveitado polos locais para facer o 1-0, pero os mariñáns seguiron xogando con tranquilidade e cabeza, e aproveitaron unha boa combinación para facer o empate. Os locais lamentaron a súa falta de puntería, con tres balóns enviados aos paus e unha gran intervención do porteiro do Burela, Simón.



Castro 1-0 SD Chantada: o partido da xornada non defraudou. Os locais comezaron mellor e anotaron o 1-0 por medio de Rodolfo mediado o primeiro tempo. Porén, a SD Chantada tirou de bo fútbol e combinacións para dominar o coiro e gozou de ocasións ao longo de todo o partido. Entre outras, dous paus que impediron o empate, aínda que tamén os locais puideron sentenciar por medio de varios contragolpes.

Antas 1-0 Sporting Pontenova: pese a que os mariñáns comezaron mellor, un roubo e o posterior disparo envenenado de Portu traduciuse no 1-0 a prol dos locais que, lonxe de mostrar a súa mellor versión, agardaron ao Sporting no seu campo e resistían as estocadas visitantes. Os da Pontenova trataban de profundizar, pero a solidez defensiva local e os paróns derivados de faltas permitiron a Antas manter a renda e sacar os tres puntos do seu feudo.

Lourenzá 4-0 Pastoricense: os locais sumaron a súa segunda victoria consecutiva logo dun choque moi serio, no que se adiantaron ao no primeiro cuarto de hora e unha acción desafortunada da defensa visitante permitiulles poñer o 2-0 á media hora de xogo. Os visitantes sacaron orgullo e competiron de forma moi digna no segundo tempo, pero os locais foron quen de anotar dous goles máis, 4-0.

Máxicos Futbolinlugo. Xornada 31

O Racing Vilalbés ao play off, o

Máxicos Futbolinlugo. Xornada 31

O All Star xogarase no Viñas da

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *