Os Máxicos comezaron a segunda fase da Primeira Galicia na nosa provincia. Os clubes lucenses pelexan desde este domingo pola consecución dos obxectivos nesta 21/22.
GRUPO ASCENSO
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/03/Captura-de-pantalla-2022-03-21-a-las-13.17.03.png)
Portomarín 1-1 Burela: un gran Burela puxo en serios apretos ao Portomarín no Chao da Poza. No primeiro tempo propuxeron máis os miñotos, pero foi Chumi o que salvou ao seu equipo con dúas grandes intervencións a remates dos mariñáns. No segundo tempo, o Burela gozou dun penalti co 0-0, pero errou e na xogada seguinte adiantouse o Portomarín cun centro lateral. Tras o gol, os visitantes subiron o ritmo e conseguiron o empate por medio dun ‘pase da morte’. 1-1 final nun choque moi entretenido.
Taboada 1-0 Riotorto: partido moi igualado na Medela ‘Canti’ entre dous conxuntos que xogarán a segunda fase sen presión, pois xa teñen os deberes máis que feitos. A intensidade e o bo ambiente primaron en Taboada, mentres que o fútbol estivo protagonizado por dous conxuntos atrevidos que xogaron as súas armas, o Taboada con contragolpes e o Riotorto cun xogo máis elaborado. Un solitario gol na recta final de Potente logo dunha internada de Mosky deu os tres puntos aos locais, que conseguiron a súa primeira victoria nesta fase de ascenso.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
SD Chantada 3-2 Pol: o Chantada sacou tres puntos de ouro ante o Pol nun choque moi divertido para o espectador. O balón parado foi determinante para os locais, que anotaron os tres goles por medio dese tipo de xogadas. O Pol soubo responder ao primeiro gol, empatando tan só dous minutos despois, pero os locais fixeron o 2-1 pouco despois do empate. No segundo tempo, o Pol fixo o 2-2 ao comezo, pero outro balón parado no 85′ decantou a balanza a prol da SD, 3-2.
Chantada Atlético 0-2 Castro: partido moi disputado no Sangoñedo no que ambos conxuntos propuxeron un fútbol moi entretido para o espectador. Os de Fernando Corredoira foron máis agresivos na primeira metade, pero tras o descanso os visitantes deron un paso adiante e conseguiron un penalti que se traduciu no 0-1. Cos locais volcados, o Castro logrou o definitivo 0-2 nos últimos intres do xogo.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/03/Captura-de-pantalla-2022-03-20-a-las-20.00.37.png)
GRUPO PERMANENCIA 1
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
Monterroso 1-3 San Roque: comezou ben o Monterroso, pero un inmenso Roi evitou que os locais se adiantasen na recta inicial. A sorte estivo do lado visitante cun gol en propia meta dos vermellos, e Jano fixo o 0-2 antes do descanso, que sentou como un mazazo aos locais. No segundo tempo, Iago Alonso asinou o 0-3 cun golazo, e Lorenzo recurtou diferenzas desde os 11 metros, pero non foi suficiente para os de Cerdeiriños.
Sporting Pontenova 1-1 Pastoricense: partido moi igualado e competido por parte de ambos conxuntos. O Sporting propuxo máis con balón, pero o Pastoricense apretou os dentes e puido transformar nalgunha contra. O segundo tempo seguiu un guión similar, pero o Sporting adiantouse e, tras o 1-0, os visitantes deron un paso adiante e conseguiron o empate por medio de Iago tras un balón parado na recta final, aproveitando ademais que os locais non foran quen de sentenciar.
Folgueiro 2-0 San Lázaro: bo partido dos locais ante un San Lázaro que no rematou de adaptarse ao terreo de xogo. A primeira parte foi moi igualada, con moito xogo directo, pero foi o Folgueiro o que se aproveitou dese fútbol e fixo o primeiro gol no primeiro tempo. Tras a reanudación, un penalti a prol dos locais converteuse no 2-0, e no 65′ os visitantes quedaron cun home menos, algo que serviu ao Folgueiro para dominar sen pasar apuros e certificar a primeira victoria da segunda fase.
GRUPO PERMANENCIA 2
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/03/Captura-de-pantalla-2022-03-20-a-las-21.06.37.png)
Guntín 0-1 Outeiro de Rei: un golazo de Artai nunha gran acción individual decantou a balanza a prol do Outeiro no Ladairo. Foron máis incisivos os visitantes no primeiro tempo e no comezo da segunda metade, e contaron con varias ocasións que puideron traducirse no 0-2. O Guntín apretou na recta final, sobre todo por medio de xogadas a balón parado, pero a defensa do Outeiro mostrouse moi sobria ao longo dos 90′ e conseguirono así tres puntos moi importantes nesta segunda fase.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)
Friol 2-2 Alfoz: moita igualdade na Reigosa nun choque no que o Alfoz se adiantou por partida dobre pero o Friol foi quen de reaccionar. Comezaron mellor os mariñáns, que anotaron mediada a primeira metade o 0-1. No segundo tempo foron máis agresivos os locais, que conseguiron o empate. Pouco despois, o Alfoz volveu adiantarse e, cando xa celebraban a victoria, un gol de Isaac no minuto 89′ traduciuse no 2-2 definitivo que supuxo o reparto de puntos.
Lourenzá 3-1 Xove Lago: logo dunha primeira parte moi igualada, o Xove saíu mellor do paso por vestiarios e Maikel fixo o 0-1. Porén, foi a partires deste gol cando espertou o Lourenzá. Nun rexeite dunha falta lateral, Yago Cruña puxo o 1-1 cun zurdazo pola escadra. Na seguinte xogada, o Lourenzá completou a remontada facendo o 2-1. O Xove entón arriesgou e os locais castigaron ao contragolpe, poñendo o definitivo 3-1.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/03/Captura-de-pantalla-2022-03-20-a-las-20.58.12.png)