Nas últimas semanas estámonos acostumando a que un xogador faga un hat trick sen ser un «9». A calidade dos xogadores da provincia fai que a xente do mediocampo sexa capaz de anotar con facilidade. Se a semana pasada foi Marino, do Castro na Preferente Norte o que anotou tres tantos ante o Dumbría, nesta foi o turno dun clásico do noso fútbol: Marzán. O de Escairón marcou por partida triple, e servíronlle ao seu equipo, a S.D. Sarriana para sumar tres importantes puntos na Ribela ante o A.C.D. Valadouro.
Jorge Teijeiro «Marzán« é unha peza clave no engranaxe do xogo do equipo adestrado por Julio Corral. Falamos con él, que nos contou como está a ser esta temporada na Sarriana, logo de xogar o pasado ano no Atlético Escairón e como prevé o final de campaña.
FUTBOLINLUGO: O pasado domingo tres goles para remontar ante o Valadouro e xa levas oito tantos. Números de dianteiro. Atópaste cómodo co estilo de xogo da Sarriana?
MARZÁN: A verdade é que tendo compañeiros con tanta calidade ao carón resulta todo moito máis sinxelo. Somos un equipo que creamos moitas ocasións e levamos os goles moi repartidos.


FIL: Tivestes que remontar un 0-2. Partido moi complicado?
M: Foi un partido complicado. Comezamos moi ben, pero non tivemos acertados de cara a portería contraria. Co paso dos minutos fomos desesperándonos un pouco e nunha boa xogada do Valadouro fixeron o primeiro. Nada máis arrancala segunda metade recibimos o segundo e púxose o partido moi costa arriba. Eles tiveron dúas contras moi claras, perdoaron e nós acertamos e levamos os tres puntos.
FIL: Os xogadores do Valadouro remataron facendo unha sentada como protesta ante a actuación arbitral. Como viviche esa polémica?

M: Non me pareceu moi normal, pero cada un é consecuente co que fai.
FIL: O equipo está en racha. Como afrontades o último tramo de liga?
M: Estamos tendo un bo momento de resultados. Afrontamos o que queda con moita ilusión de acadalo ascenso, aínda que vai ser moi complicado.

FIL: Héctor, Marino, Marzán, Samos, Luisma . . . é posible que a Sarriana teña mellor equipo que o pasado ano en Preferente?
M: Como xa dixen antes, temos moi bos xogadores, pero con iso non se consegue ningún obxectivo, senón con moito traballo e un bo grupo humano, que é a clave ata agora. Somos unha piña, hai un ambiente espectacular no vestiario.
FIL: Sarriana, Lemos e Chantada na pelexa polo ascenso. Moita rivalidade?
M: É unha liga moi bonita a deste ano, con moitos derbis e equipos con moita historia. É moi motivante xogar contra Lemos e Chantada.
FIL: Logo de xogar no Atlético Escairón o pasado ano en Preferente, cales son as diferencias máis importantes que atopas entre unha e outra categoría?
M: A intensidade é a diferencia máis salientable. En Preferente tes que tomalas decisións moito antes, en cambio en Primeira tes máis tempo. É un xogo máis parado.
FIL: Por que equipos apostas para o ascenso a final de temporada?
M: Vexo todo moi igualado. A verdade é que dos que estamos ahí arriba ascenderá o que chegue mellor aos últimos encontros.