#Fútbol afeccionado #Entrevistas #Preferente Futgal #Primeira Futgal

Marino: «Seguirei ata que as pernas non aguanten máis»

O IV All Star Futbolinlugo deixounos un claro protagonista en termos masculinos. José Castro Vilarín ‘Marino’ fixo de todo en Guntín. Desde patrocinar o evento ata xogalo. Cortou varias cabeleiras na bancada, entre elas a do alcalde do pobo Ángel Pérez, e mesmo portou o brazal de capitán do Equipo Hermo e Tibor (Preferente e Terceira Galicia).

Marino, en plena faena, co alcalde de Guntín Ángel Pérez

No pouco tempo libre que lle quedou, ata foi entrevistado polo noso compañeiro da Radio Galega e FutbolinGalicia Carlos Julio González. A continuación, deixámosvos un resumo do que ambos falaron, que podedes escoitar ao completo nesta ligazón (minutos 02:05:08 a 02:06:40).

Unha perruqueria futboleira. «Estou moi contento, teño a perruquería en Lugo e é moi familiar. Toda a provincia de Lugo e xente de fóra pasa por alí. Para min falar de fútbol alí é o mellor. É do que máis se fala. É un gusto atendelos».

Renovación co Castro. «Renovei. Foi a miña casa desde sempre. Volvo quedar alí un ano. E espero conseguir o obxectivo, que non é outro que ascender a Preferente».



Un longo futuro en vermello? «Síntome como na casa. Nos equipos que estiven, sempre estiven xenial. Pero agora tocaba volver á casa. Co tema da perruquería non me dá para máis. Estou xenial e seguirei moitísimo tempo, ata que as pernas non aguanten máis».



Marino: «Seguirei ata que as pernas non aguanten máis»

Diario dun mercado. Episodio 437

Marino: «Seguirei ata que as pernas non aguanten máis»

Diario dun mercado. Episodio 438

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *