Jacobo Vilariño, centrocampista da Sarriana

Jacobo Vilariño (Sarriana): «Somos conscientes de que podemos loitar na zona alta»

A Sarriana está conseguindo consolidarse coma un dos equipos referentes da categoría e, tras dúas grandes remontadas, están na loita polo ascenso, que puideron ser tres consecutivas pero só puideron sumar un empate ante o Silva por 1-1 este sábado. Todo a través dun gran xogo colectivo no que o fútbol asociativo fai que da proposta do conxunto lucense unha das máis vistosas de toda a Terceira RFEF e que estean inmersos na pelexa do campionato.

Un dos xogadores que controla o xogo combinativo dos sarriaos é Jacobo Vilariño. O mediocentro pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo desta semana e enfrontouse ás preguntas de Álex Gato, presentador do programa, e Eros López, redactor de Futbolinlugo. Na entrevistan falaron da vitoria ante o Estradense, a consolidación tanto do equipo coma del coma xogador chave, as opcións de ascenso e como é para el xogar xunto ao seu irmán Keko.

Vitoria ante o Estradense: «Penso que veñen pola boa dinámica que temos no grupo e do momento no que estamos. Somos cada vez máis conscientes de que podemos loitar na zona alta e cremos no que somos capaces. Aí reside a forza do grupo, no grupo e na vontade que temos de seguir crecendo e de cumprir os obxectivos».

Consolidación da Sarriana: «Xa o ano pasado tiñamos un equipo de moita calidade. Fomos a revelación porque eramos os recién ascendidos e porque moita xente non esperaba o rendemento de varios xogadores. Este ano mantivemos as bases e incluimos a pezas de renome como Millán, Piay ou Gegunde que fixeron un cadro moi compensado e eu estou encantado de compartir vestiario con todos».



«A Sarriana ten moita ambición»

Loita polo ascenso: «É moi complicado. Queremos ir partido a partido porque é unha categoría moi complicada e hai equipos con máis presuposto. A Sarriana destaca polo fútbol que facemos e temos moita ambición. Todo dependerá da sorte e o acerto, pero imos intentar loitar ata o final».

Tempada individual: «Estou con máis confianza que noutros anos nos que non estaba tan cómodo. O ano pasado xa mellorei pero este ano manteño esa boa liña de crecemento e tiven a confianza de todos os adestradores».

Xogar co seu irmán: «A verdade é que para nós esto é un agasallo. Temos unha moi boa relación e un cariño especial e fainos moita ilusión xogar xuntos. Eu de cativo subía a adestrar co seu equipo, inda que tiña tres anos menos. Estar ademais competindo con amigos para tratar de acadar un ascenso a Segunda RFEF nun equipo como é a Sarriana que o sentimos coma noso é un soño»



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *