#Entrevistas #Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

Hugo Criado: «Nunca me sentira tan rebasado emocionalmente»

Hugo Criado na súa despedida

25 tempadas no Racing Villalbés xa lle dan a categoría de lenda verde e vermella. Se a iso lle sumamos unha serie de múltiples feitos e intanxibles, obtemos a figura dun futbolista de época. Hugo Zacarías Criado Otero (Vilalba, 06/09/1984) puxo fin á súa traxectoria como xogador no campo de Ladairo, no IV All Star Futbolinlugo, cunha merecida despedida á altura do seu legado.

Aproveitando a ocasión, o compañeiro da Radio Galega e Futbolingalicia Carlos Julio González, entrevistou en profundidade ao maior dos irmáns Criado para o programa Galicia en Goles. Aquí vos deixamos o resumo dunha charla que podedes escoitar aquí (minutos 03: 39: 10 a 03:47:51).

Unha homenaxe inesperada. «A verdade é que non mo esperaba. Tíñanme invitado a pasarme por aquí (Guntín) e darme un detalle. Non agardaba nin as palabras nin os audios gravados da miña familia e excompañeiros. Para min é un día moi bonito e moi agradable».

O recordo dunha traxectoria. «Faiche recordar desde eses comezos de neno no Villalbés e todos os pasos que fomos dando. Desa fase de ascenso que foi un dos puntos culmens na historia do Villalbés. Conseguimos rozar e darnos conta que podiamos competir en Galicia ao máis alto nivel. O ano pasado conseguiuse co ansiado ascenso en Santo Domingo da Calzada. Algo que comezou en Alhaurín na primeira fase (eliminatoria do ano 2011)».



«Coa fase de 2011, démonos conta que o Racing Villalbés podía competir en Galicia ao máis alto nive

O peche perfecto do círculo. «Foi superemocionante. Eu cria que ía ser a entrega dun trofeo pero escoitar á miña muller falar de que ama o fútbol grazas a min… Dani ‘Xelo’, o meu afillado (fillo de Alex Pérez, compañeiro meu do Villalbés de toda a vida). Foi un impacto… Mira que por traballo, fago cousas con estrés e impacto no traballo. Pero nunca me sentira así tan sorprendido e tan rebasado emocionalmente. Porque impacta, porque o fútbol é das persoas: dos xogadores, árbitros, afección, prensa… Ver todo o mundo así e o día que ti te retiras… que che recorden todo iso… É perfecto».

Un momento? «Quédome con esa fase de ascenso do Villalbés (2011). A primeira delas. Supuxo un fito na historia do noso club, un fito con 14-15 xogadores da casa. Lesionarame dez meses ese ano. Recupereime para os tres últimos partidos. Marquei un gol, entramos na fase. E marquei un gol no partido de ida da fase. Recordo ese gol contra o Alhaurín (2-1) como se fose agora. Dábanos vantaxe para viaxar a Málaga».



«Ese ansiado ascenso vaise repetir dentro de pouco, imos estar arriba seguro»

Máis momentos? «Ese é un momento especial pero hai moitos. Moitos entrenos, partidos, compañeiros… Moitas cousas que ocorren no fútbol e che fan recordar os amigos do Futbolinlugo».

Hugo Criado, nunha das súas moitas tempadas co Racing Villalbés

A experiencia do Racing Villalbés en Segunda RFEF. «Collimos esa boa inercia inicial de vir dun ano bo, dun inicio de tempada moi potente e co equipo coas cousas claras. Si que queda esa ‘espiniña’ en decembro entre as baixas, as lesións e as fichaxes, quizais non moi acertados. Ese cambio que tivo o club no medio da tempada… Por nada, non seguimos xogando un ano máis cumprindo ese soño. Vistos os reforzos e o traballo da directiva, vaise repetir dentro de pouco ese ansiado ascenso. E non nos olvidamos, que Vilalba é un pobo moi pequeno competindo contra cidades e orzamentos altos».

O novo obxectivo do Racing Villalbés? «Conocendo ao Villalbés como o conozco, o obxectivo nunca é ascender. O obxectivo é competir e as fichaxes van nese sentido. Están collendo xente moi boa de equipos de Terceira, xente nova… Estase armando un bo equipo e vendo como están as competicións, o Villalbés vai estar arriba seguro».

«Se eu fose calquera presidente, apostaría por Simón Lamas»



Simón Lamas. «Os bancos están moi caros. Hai moito adestrador e pouco sitio. En Vilalba e Lugo hai pouco baile. Igual lle toca agardar a Simón por algún oco. Se eu fose calquera presidente, eu apostaría por Simón. Desde o primeiro equipo do Lugo ata o equipo que aposte por el. Ese equipo acertará».

Nico Criado, irmán de Hugo, foi o encargado de entregar a placa desta homenaxe

A capacidade de Simón. «É unha persoa de club. Un técnico de Lugo que lle gusta adestrar, esixir aos xogadores e que sacou ese rendemento… Está completamente capacitado. Mostrou a súa capacidade con poucos vimes na Terceira RFEF e na Segunda RFEF. A partir de aí, un equipo consolidado e con mellores xogadores, acábanse conseguindo resultados independentemente da categoría. Mira a Javi Rey no Arenteiro. Eu apostaría por un perfil así e non por adestradores que ocupan un espazo e non demostran esa competitividade con mellores vimes».

O trofeo da homenaxe. «Vai estar ao lado da foto en grande do día do gol de Alhaurín. Son os puntos culmens».

«Tiven a sorte de xogar nos dous equipos vilalbeses de máis nivel»

A gran cantidade de equipos vilalbeses. «O Villalbés fixo unha labor moi grande hai tempo para ter categorías inferiores. De feito hai cinco equipos no pobo. Eu tiven a sorte de xogar nos dous que máis nivel teñen: Racing Villalbés e Santaballés. Gardo un recordo incrible destes dous anos. Os compañeiros cos que xoguei eran xuvenís e cadetes cando eu estaba no Racing. Competir na casa, na Liga das aldeas, foi pechar un ciclo vital».

Hugo Criado: «Nunca me sentira tan rebasado emocionalmente»

Diario dun mercado. Episodio 427

Hugo Criado: «Nunca me sentira tan rebasado emocionalmente»

Diario dun mercado. Episodio 428

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *