Todo en marcha. Entramos na recta final. E na decisiva. A pouco máis dun mes fixemos o acto oficial de presentación do I All Star Futbolinlugo. O Salón de Plenos do Concello de Burela acolleunos para unha rolda de prensa aberta aos medios. O noso redactor, Iván Calaza presentou o evento. Estivo acompañado polo alcalde de Burela, Alfredo Llano e o concelleiro de Deportes e Tenente Alcalde, Ramiro Fernández. Ademais contamos coa presenza do presidente da SD Burela e do Porto Burela, Jesús Manuel Ares.
«Agradecemos que contarades con nós. Penso que é unha iniciativa positiva. Apostamos por este tipo de eventos que son un atractivo turístico máis. Agardemos que sexa un éxito. Animamos a todos a vir a Burela a desfrutar do All Star e tamén da Praia da Marosa que está a carón do campo. Esperemos que o día 29 sexa un día de sol é que se poda aproveitar para dar un chapuzón», animou o concelleiro de Deportes.
«Agradecerlles por organizar estes actos que son bos para o pobo. O noso grao de área vai estar para todo o que se poda», comentou o presidente Ares.
«É unha característica do Concello de Burela apoiar o deporte en todas as súas manifestacións. Temos a preocupación de ter as instalación ao 100%. Recibimos ben e hai unha boa resposta da xente de Burela. Un evento máis que pon ao deporte como referente social, económico e cultural. Dar as grazas a toda a xente que colabora e nós tamén alí estaremos para participar», sinalou o alcalde Alfredo Llano
Declaracións de Iván Calaza no Salón de Plenos do Concello de Burela, acompañado de Alfredo Llano, Ramiro Fernández e Ares:
O sábado 29 de xuño a Marosa acollerá a que queremos que sexa unha festa do fútbol lucense. Con motivo de trasladar a nosa actividade na internet por un día ao terreo de xogo, organizamos este evento ao que están convidados toda a xente do fútbol da provincia e calquera ao que lle apeteza descubir a maxia do noso fútbol. O evento será en horario de tarde. Os puntos fortes serán os partidos de fútbol, un feminino e outro masculino. O partido das mulleres estará composto por unha representación equitativa dos oitos equipos de fut fem da provincia. Xogarán un partido a selección norte composta por xogadoras do Burela, da Milagrosa e da Comercial fronte a selección do sur con representación do Antas, do Carballedo e do Chantada. As xogadoras do Friol intercalaranse nas dúas seleccións. Faremos dúas convocatorias de 16 futbolistas que anunciaremos proximamente.
O partido dos homes componse dun equipo formado por xogadores de conxuntos que particparon esta temporada na Segunda e na Primeira Rexional fronte a futbolistas de clubs que competiron durante este curso na Preferente e na Terceira Rexional. A súa selección vai en función das aparicións nos protagonistas da xornada que semanalmente asignamos na nosa web. Faremos dúas convocatorias de 18 xogaodres que anunciaremos nos vindeiros días. Os destacados da xornada non teñen un valor superlativo. Así queremos que se entenda. Son a excusa para nós poder darlle o protagonismo necesario aos equipos destas categorías.
Para a organización do xogo contaremos coa dirección técnica de Víctor López «Vitín» e Jesús Vázquez Tallón. Ademais cunha visión máis profesionalizada e experimentada da man de Pili Neira, Pablo Álvarez e Roberto Fernández. Estamos traballando na posible incorporación dalgún protagonista máis que se sume á festa.
A xornada estará acompañada dalgún concurso que realizaremos antes do inicio dos partidos. Tiro ao longueiro, tiro de precisión, gol olímpico…do que serán protagonistas tod@s aqueles que se queiran sumar. Iremos comunicando ao xeito de participar neses concursos. Ademais, queremos rendir homenaxe a aqueles futboleiros que o deixan. Que o deixan no campo, aínda que sempre seguirán pendentes del. Un pequeno recoñecemento a aqueles que o deron todo durante estes anos polo fútbol da provincia e que o expandiron por fóra. Nomes que tamén iremos comunicando. Todo acompañado dunha homenaxe especial que lle queremos adicar a un dos nosos, o noso querido Canti.
Pola nosa parte, temos que agradecer ao Concello de Burela por acollernos, á SD Burela pola súa colaboración e a todos os patrocinadores que nos estades apoiando. Os que temos xa confirmados e aos que andamos buscando. Ademais facemos extendible o noso agradecemento público, a todas as persoas dos distintos clubs de toda a provincia que nos axudades e permitides que poidamos levar o noso traballo da mellor maneira posible. Seguimos informando. Anotade o día 29 nas axendas, nas alertas e nas alarmas.