O equipo de Futbolinlugo convidámosvos a ti, ao teu equipo e a toda a xente relacionada ou non co fútbol lucense ao I All Star Futbolinlugo. Non podemos facer a todos os clubs protagonistas principais porque é algo inabarcable para nós. Pero si vos queremos facer a tod@s partícipes desta festa do fútbol lucense.
Programa I All Star Futbolinlugo. Sábado 29 de xuño na Marosa de Burela:
16:30h: hora do comezo. Realizaranse varios concursos no céspede da Marosa. Abriremos unha lista de inscrición. Aberto a quen queira. Tanto xogador@s como seareiros. Os gañador@s levarán un pequeno agasallo. Máis información en breves.
17:30h: comezo do partido do fútbol feminino. Representación de todos os equipos de fut fem da provincia que se repartirán entre unha selección norte que xogará ante unha selección sur.


19:30h: comezo do partido do fútbol masculino. Xogadores de equipos de Primeira e Segunda Rexional contra xogadores de equipos de Preferente e Terceira Rexional. Haberá un saque de honra adicado a Anxo Varela «Canti». Persoa moi ligada ao fútbol rexional lucense dende o Taboada CF. Tristemente faleceu hai uns meses logo dunha parte da súa vida adicada a paixón polo fútbol por todos os campos da provincia.
21:30h: entrega dun detalle aos participantes. MVP ao mellor xogador e xogadora de cadanseu partido; e MVP ao máximo goleador e goleadora de cada partido
Nos paróns ao longo da tarde realizaranse pequenas homenaxes a algúns dos nosos míticos que deciden retirarse. Durante toda a tarde haberá unha exposición de fotos permanente en recordo de Anxo Varela «Canti»

22:30h: cea final do evento:
Aproveitando a xuntanza decidimos organizar unha cea en Burela para quen poda/queira pechar o día con nós. Aberta a tod@s @s que queiran asistir.
Será no Restaurante Marquesa por un prezo de 20€ co seguinte menú: Entrantes de polbo á feira, gambas ó allo e croquetas de marisco caseiras. Paella mixta como plato principal. Postre, café e licor. O límite para anotarse e este luns 24. Pódese facer a través das nosas redes sociais ou poñéndovos en contacto con algún de nós.
Ademais durante a fin de semana é a festa castrexa de Burela. Polo que o pobo vai estar inmerso nun ambiente festivo
Agradecementos:

Á marxe de toda a xente que está colaborando para que isto saia adiante, queremos agradecer especialmente ao Concello de Burela, á SD Burela, Deportes Élide, Jim Sports, Siguetuliga, Pomeda SL, Galicia Calidade, Bico de Xeado, Caixa Rural Galega, Joyería Kessarys, Cervecería Kiko, El Progreso, Coida de Ti e Antonio Rodríguez Díaz pola súa colaboración.