#Fútbol afeccionado #Terceira RFEF

O partido Fisioterapia Ronda . . . Polvorín – Bergantiños: a segunda praza como agasallo dun Entroido atípico

O Entroido chega este ano disfrazado de normalidade, dunha nova normalidade da que xa estamos cansos. Por sorte, quédanos disfrutar do noso fútbol, aínda que sexa a porta pechada. Pero ninguén nos pode roubar a ledicia cos triunfos dos equipos lucenses. Neste sábado, no que calquera outro ano, boa parte das vilas da provincia celebrarían os seus desfiles, desta volta temos que celebrar que a pelota sigue rodando nuns poucos campos. E farao na Chedaás 16:30 horas cun dos mellores encontros que se pode ver na Terceira División. Veranse as caras o Polvorín, terceiro na táboa, e o Bergantiños, segundo, coa arbitraxe da colexiada viguesa Elena Casal Fernández.

O filial albivermello chega exultante a este encontro. Non é pra menos, logo de vencer por un tanto a catro no campo do Somozas, líder destacado da categoría, nun gran encontro do conxunto adestrado por Álex Ortiz. O Polvorín deixou claro, tal e como vén demostrando en boa parte desta campaña, que pode ser protagonista sexa que sexa o rival. Cun estilo moi definido, o cadro lucense está a facer da Cheda un fortín, onde só perdeu un encontro esta temporada. Un triunfo local situaría ao filial do C.D. Lugo na segunda posición .



O rival do Polvorín nesta xornada é un conxunto diseñado para alcanzar o ascenso de categoría. Cun técnico experimentado na categoría e avalado pola súa boa traxectoria en clubs como Cerceda e Boiro, entre outros, como é José Luis Lemos, o Bergantiños conta con xogadores do nivel de Brais Pereiro, Aarón Rama, Jorge Cano, Pablo Agulló, Yelco, Marcos Remeseiro ou o ex do Polvorín Miguel Duque. A súa traxectoria lonxe das Eiroas é envidiable. Dos sete encontros disputados lonxe de Carballo, foi quen de acadar cinco vitorias e un empate, sendo o mellor visitante da Terceira, o que o convirte nun rival aínda máis temible. Pero o Polvorín xa foi quen de empatar diante do Bergantiños no encontro da primeira volta.

O último enfrontamento na Cheda entre ámbolos dous conxuntos data do 28 de abril de 2019 e rematou con goleada do Polvorín por cinco goles a un, con dous tantos de Antón Escobar, un do hoxe xogador do primeiro equipo Pedro López, un do viveirense Javi Rey e outro do recén incorporado á disciplina do Deportivo Rayco. Polo Bergantiños anotou Cañi. A pasada temporada o encontro debía disputarse o 15 de marzo, precisamente a fin de semana na que se decretou o estado de alarma.

Falamos deste encontro cun dos «veteráns» do Polvorín, o lateral dereito Asier.



QUE OPINAN OS PROTAGONISTAS?

ASIER (POLVORÍN)

Foto: La Preferente

 – O Bergantiños. «Chegamos con moita confianza a este encontro logo do último triunfo en Somozas, pero somos conscientes de que recibimos ao mellor equipo da categoría. A maior dificultade que nos poden plantexar é que sexan capaces de anular o noso estilo de xogo. Son capaces de adaptarse a calquer tipo de xogo. Se teñen o balón son perigosos e se os presionas adáptanse sen problema ao xogo directo. Debemos ser capaces de desplegar o noso habitula xogo combinativo, que é no que se basa o noso ataque».

– O teito do Polvorín. «Nunca se nos plantexou o ascenso como un obxectivo, desde ningún estamento do club. Simplemente salvar a categoría sen pasar excesivos apuros, xa que, o cadro de xogadores sufriu unha importante remodelación e chegaron futbolistas inexpertos na categoría ou no seu primeiro ano sénior. Ademáis, durante bastantes xornadas non contamos con Quindimil, Escobar ou Morais ao estar habitualmente co primeiro equipo. Pero moitos xogadores demos un paso adiante, especialmente Cristian que é o pichichi da categoría. De tódolos xeitos, para a xente que nos ve traballar cada día non é unha sorpresa a nosa posición. Nos encontros que quedan debemos tratar de facer o maior número de puntos posibles e se quedamos entre os tres primeiros, é innegable que iremos a por todas. Pero non pensamos en quedar nun posto ou noutro, simplemente en gañar o seguinte partido».

 – Consolidado no once. «Veño dun ano complicado. O confinamento retrasou a miña recuperación da lesión e non puiden comezar a adestrar co grupo na pretempada. Non puiden debutar ata o encontro co Somozas na primeira volta, pero pouco a pouco fun rascando minutos que me fixeron coller ritmo de competición. O míster sempre me transmitiu confianza e rematei entrando no once nun bo momento do equipo, o que sempre che facilita as cousas para manterte. Os máis veteráns, como Marcos, Manu Núñez ou eu debemos dar ese plus que da a experiencia».

O partido Fisioterapia Ronda . . . Polvorín – Bergantiños: a segunda praza como agasallo dun Entroido atípico

A-56: Julio Delgado (Ourense CF): «Hai que

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *