Ano 2018. Os Javi, Diego, Jhonny, Javi, Diego, Pablo, Palleiro e eu… pois tiñamos a intención de que Luis, un antigo compañeiro que deixara o fútbol polo ciclismo, volvese ao Becerreá.

Intentamos convencelo do seu regreso de distintas formas. Falamos cada un de nós por separado. Non había resultados. Subimos o nivel. Creamos un vídeo indicando as numerosas cualidades que tiña para xogar no Becerreá e os motivos polos que debía xogar con nós.

Despois de realizar o vídeo, creamos un grupo de Whatsapp que levaba o seguinte nome: ‘Campaña Fichaje Estrella’. Metemos a Luis nel e pasamos o vídeo. Viuno e convecémolo para que fichase.

O mellor de todo é que o fútbol quedou nun plano secundario. Ese grupo segue estando vixente e falamos nel de todo continuamente. Grazas a esa fichaxe, gañamos un xogador e un grupo moi activo.

Jesús J. Rodríguez Cedrón. Embaixador de Becerreá na provincia, defensa con clase

Fotografías: SD Becerreá

Comparte
                              

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*