Isto debeu acontecer cando tiña doce anos ou así. Era eu pequeno, cando xogaba no Lugo. Estabamos nun partido, non sei contra quen era, e chegoume un balonazo dun contrario.

O esférico pegoume nos dentes, coa mala sorte de que caeu un deles. Un dente de leite. Estaba sangrando pero seguía xogando que a min érame igual.

Gara, defendendo a camisola do Ribadeo

Ata que se decatou o colexiado, que me mandou parar ao estar sangrando. Eu dicíalle que non e el que si. Parou o partido e mandoume saír. Xa imaxinades: auga, algodóns… Pero seguía sen deixarme entrar. Así que me dixeron que non volvía xogar e tocou ir á ducha.

O adestrador mandoume ao vestiario. Miña nai detrás miña. Metinme no vestiario eu só, obviamente. E ao darme conta de que estaba só, volvín para o campo. Púxenme ao lado do adestrador e díxenlle que quería volver xogar. Que non me doía. O problema era que unha vez cambiado, era complicado que me volvera meter! Tívenme que fastidiar e alí quedei enfadado eu só.

José Garaloces Castedo. Recoñecido centrocampista, con última aventura en Pol

Comparte
                                    

Sobre o autor Ver todos os posts

Redacción Futbolinlugo

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*