A fase de ascenso á 2ª RFEF segue pendente do encontro entre o Somozas e o Choco. Xogarase o próximo mércores ás 20h. O grupo de permanencia vai seleccionando máis equipos. O Ourense CF xa ten a permanencia matemática e o Viveiro está a piques de conseguila. Os #LucensesNaTerceiraGalega pendentes nun e noutro lado da Terceira.

Fase de ascenso á 2ª RFEF:

O Estradense xa está en semifinais e o Arousa e o Polvorín agardan saber cal será o seu rival. Se pasa o Choco, o rival do Polvorín será o Estradense; se pasa o Somozas o rival do Polvorín será o cadro de Ferrolterra.

Na eliminatoria de cuartos que se xogou entre o Alondras e o Estradense si que houbo lucenses. Non nos equipos, pero o trío arbitral foi da provincia. O encontro estivo dirixido por Iván Abel Bruzos. E asistido nas bandas por Adrián López Bermúdez e Rubén Folgueira Ríos.

Grupo permanencia:

Quedan tres xornadas para rematar a competición e a salvación xa é un obxectivo conseguido para o Ourense CF de Julio Delgado. O cadro ourensán venceu na casa ao Estudiantil e asegurou a permanencia. Conta con nove puntos de marxe sobre o descenso, pero as posibles combinacións a puntos iguais danlle vantaxe grazas ao gol average. O xogador de Burela xogou 86 minutos.

A salvación virtual tena o Viveiro. Cos mesmos puntos ca o Ourense CF, pero con desvantaxe nun hipotético empate a puntos. O colectivo celeste sumou unha vitoria clave na Senra ante o Ribadumia. Novo triunfo pola mínima a domicilio. Desta volta cun gol de Javi Rey. Os pupilos preparados por Chusky poderían certificar a permanencia esta finde precisamente nun duelo en Cantarrana ante o Ourense CF.

A carreira pola permanencia do Arzúa viuse freada a pasada finde. Perdeu no Couto ante un rival directo como é a UD Ourense. O conxunto vermello é o que marca nestes momentos a zona de salvación. O Arzúa ten unha diferenza de catro puntos máis. No partido do Couto o único lucense que participou foi Pedro Delgado. O ‘8’ do Queixo Mecánico xogou algo máis dunha hora.

O As Pontes competiu en Calabagueiros ante un Barco que tamén pon en xogo a súa permanencia. Desta volta Brais Vázquez non gozou de minutos na portería pontesa.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*