Aproxímase a data de comezo da competición ligueira e a maioría dos equipos xa teñen a súa plantilla definida, pero outros aínda buscan no mercado as últimas pezas para facer o plantel o máis competitivo posible. É o caso da S.D. Sarriana, un dos conxuntos con máis movimento neste mercado estival logo do ascenso a Preferente. O equipo adestrado por Alberto López incorporou a Fernando que chega do Ourense C.F. e ao meta Ayoub, procedente do R.C. Celta de Vigo Xuvenil. Con esta incorporación, é previsible a saída de Yebra, malia que se incorporou este verán logo de xogar no Castro.
— SD Sarriana (@SDSarriana) August 16, 2018
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Un conxunto que quere regresar a Preferente é o Atlético Escairón. O cadro dirixido por Escalza anunciou a fichaxe de dous xogadores arxentinos. Trátase de Federico Leandro Iglesias, dianteiro de 27 anos e de Hamir Andrés González, extremo de 19 anos que vén de xogar nas categorías inferiores do Nàstic de Tarragona e Reus.
Un categoría máis abaixo, o Lourenzá tamén ultima o seu plantel coa incorporación do mediocentro segoviano Nacho, que logo dun ano inactivo volta ao fútbol ás ordes de Diego Rego.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)