#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 88

Co mes de xullo xa case que rematado, a maior parte dos equipos lucenses xa están en marcha. No día de onte comezou a pretempada o Taboada, que afronta outro ano máis en Primeira Autonómica con cinco caras novas ata o momento: Manu Vila, que chega do Milagrosa, Gabri, do Racing Vilalbés, Migui do Rodeiro e Mouse e Pablo Moure que chegan da S.D. Chantada. Outro conxunto de Primeira que se reforza é o Santaballés. O conxunto vilalbés fixo oficial a chegada de Jandro, defensa procedente do As Pontes.

O Valadouro tamén comeza a coller forma. Logo de saber que competirá en Segunda Autonómica, de novo aos mandos de Julio Castro, presentou a Tejeda, que chega da Milagrosa e a Julito, que xogou no Guntín a última temporada. Sen saír da Mariña, o Mondoñedo fíxose cos servizos de Brais Carrascal, mediocentro que xogaba nas categorías inferiores do Foz.

O Corgo, logo do ascenso a Segunda, apuntala o seu plantel coa chegada de Alejo (Sarriana), Lolo (Sporting Lucense) e David González (con pasado na Residencia e tamén no fútbol sala militando nas filas do Prone).



O Quiroga tamén comezou os adestramentos e ten a pretemporada xa perfilada. Enfrontarase ao Rubián (5 de agosto), recibirá ao Escairón no Trofeo Tourgalia (11 de agosto), disputará un triangular con Lemos B e Brollón (19 de agosto), visitará o Naraya (1 de setembro) e rematará os amigables disputando o primeiro Memorial Eugenio Silvelo ante o Sober (9 de setembro).

Diario dun mercado. Episodio 88

Os nosos equipos de Terceira e Preferente

Diario dun mercado. Episodio 88

Gonzalo Edrosa (CD Castro): «Non dubidei en

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *