#Cadetes #Feminino #Fútbol afeccionado #Fútbol Base #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal #Terceira RFEF

Diario dun mercado. Episodio 74

A medida que avanza o verán, os equipos apuran a confección dos cadros de xogadores e corpos técnicos. Á súa vez, algúns futbolistas dan saltos de categoría, mentres que otros deciden volver ao equipo da súa vila. Todo iso, e moito máis, na nosa 74ª edición do Diario dun Mercado!

Comezando pola Terceira División, o Racing Villalbés contará nas súas filas con Javi Ballesteros, ex-xogador do CD Lugo na Segunda División «B» e procedente do Laracha. Do conxunto chairego desvincúlase o central Antonio, que ficha precisamente polo Laracha. Tamén na Terceira, o filial do CD Lugo incorpora a Gustavo Quezada e Rayco Rodríguez.

 

Na Preferente Norte, destacan os movementos na Mariña. O Viveiro ficha ao defensa Yoel Astariz, mentres que Marcos Peña colga as botas e abandona o Ribadeo. Xa na capital, Manu Rodríguez firma pola SDC Residencia, deixando o Lourenzá.



Pasando á Primeira Galicia, Lisboa anunciou a súa renovación coa SD Páramo e o Sporting Pontenova incorpora a Gene, con pasado no clube. O Club Lemos contará nos adestramentos con Carlos Martínez, do Rúa, malia que o xogador terá ficha do Club Lemos «B». Na Segunda, pero igualmente no sur da provincia e procedente de A Rúa, Ariel Alexander Aquino (dianteiro de 19 anos con experiencia na selección de Ourense, e con pasado no CD Barco e no Rúa) firma polo Chantada Atlético. 

 

Xa na Terceira Autonómica, o CD Río Sil ficha a David Castro, quen retorna aos terreos de xogo tras unha campaña lonxe deles, e a Angeliño, procedente do Brollón pero con pasado no equipo de Sober. No fútbol feminino, o Carballedo confirma a súa novena incorporación, Alba. A última nova de hoxe é a chegada de Xende aos banquiños da SD Chantada cadete.



Diario dun mercado. Episodio 74

Diario dun Mercado. Episodio 73

Diario dun mercado. Episodio 74

Diario dun mercado. Episodio 75

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *