A SD Chantada xa elixiu. E apostou por dous homes da casa. Dani Fernández e Juan Rodríguez serán os encargados de dirixir o primeiro equipo da entidade. Asi mesmo, o clube confirmou as renovacións dos seguintes xogadores: Ferreiro, Álex, Cristian, Pulpix, Kadete, Alberto, Traste, Manuel, Cebolli, Delgado, Joserra, Noé, Michi, César, Javi Ramos e Brais. Outro banquiño baleiro era o do Corgo. E tamén se reforza por partida dobre. Dende o Lucense chegan Guty e Hugo para facer as ledicias do Municipal.
E no capítulo de fichaxes imos á capital. A Residencia moveu ficha de cara ao seu regreso a Preferente. Meko deixa a dianteira da SD Becerreá para regalar os seus goles na Cheda. Ademais, o Ribadeo confirmou a súa segunda fichaxe: Dani Prieto. O xogador chega dende o Iberia para unirse entre outros, aos recén renovados: Luki, Juanma, Parapar e Jacob.