#Cadetes #Fútbol afeccionado #Fútbol Base #Infantís #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira RFEF #Xuvenís

Diario dun mercado. Episodio 43


Mediada a semana, os clubes apuran as fichaxes e as renovacións para poder disfrutar dun tranquilo fin de semana na praia ou na piscina, xa que para moitos pode ser o último, ao comezar a rodar o balón nos encotros de preparación da temporada. Hoxe comezamos o repaso pola Terceira División. Hai apenas un par de horas, o Racing Villalbés anunciou a fichaxe do defensa Antonio López, xogador que vestiu as camisolas do Racing de Ferrol e o Somozas, entre outros.

Da Terceira pasamos á Primeira Galicia, na que o Monterroso anunciou as baixas de Torrao é José Mendez, por motivos de traballo, e de Fer, quen pon rumbo ao Castro.

Foto: Facebook Seareir@s CD Alfoz
O Municipal de Alfoz poderá ver tres novas caras nel este ano.

Alfoz, que xoga na Segunda Galicia Norte anunciou nun ambiente de tristura trala morte de Canel a incorporación de tres xogadores á disciplina do clube: Héctor do Novo, Sousa e Atoche. Por outra banda, o Mondoñedo comunicaba esta mañá cales serían os seus amistosos de pretemporada: este sábado 29 terá lugar o primeiro choque, fronte ao Andes nas Viñas da Veiga. O día 6 de agosto xogarán un triangular en Alfoz ante Alfoz e Lourenzá. Logo descansarán uns días para afrontar un partido en Goiriz o día 15 e outro en Cazás o 20. O día 27 rematará a pretemporada para os mindonienses, nun vistoso duelo ante a Comercial.

Para continuar na Segunda Galicia, pero no grupo sur, chegan novidades desde Palas. Os dos Chacotes confimaron a renovación de todo o plantel do ano pasado, ademáis da do adestrador Quintela. Tamén hai novas incorporacións no Chantada Atlético, neste caso ao corpo técnico. Fran J. García será o segundo adestrador do conxunto do Sangoñedo.



Por último, na base, o CP Calasancio informounos do momento no que se iniciará a pretemporada para os xuvenís, cadetes e infantís do clube. Curiosamente, os máis pequenos, os infantís, son os que antes comezarán, o día 1 de agosto. Os xuvenís o farán o día seguinte, mércores 2. Os cadetes serán os derradeiros dentro das categorías de Fútbol-11, pero tan só por un día, xa que eles comezarán o 3 de agosto.

Diario dun mercado. Episodio 43

As nosas redes falan!

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *