#Fútbol afeccionado #Feminino #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal #Terceira RFEF

Diario dun mercado. Episodio 420

Hoxe espertámonos con un bo feixe de novidades, unha vez publicado o Diario dun mercado de onte á noite. Non nos dades un respiro!

O meta Chipi, na época de Monterroso

E dentro desas noticias, saltou a bomba en Cerdeiriños. O Monterroso comunicaba o adeus de Josito Jul na súa segunda etapa pola Ulloa. E Futbolinlugo xa pode anunciar quen vai ser o seu substituto: Fernandito. O técnico monterrosino faise cargo de varios dos seus excompañeiros anos atrás, despois de conseguir sendos ascensos a Preferente con Portomarín e Pol. Ademais, un ex do Monterroso prolonga o seu vínculo co Castro. Non é outro que o meta Chipi.

Seguimos falando de gardamallas. O Santaballés completa a renovación da súa portería coa continuidade de Hermida. O meta vilalbés vivirá a súa segunda tempada na Liga, a primeira en idade sénior.

Na Segunda Galicia, o Brollón fichou a Mario ‘Take’. Así mesmo renovou a Pablo Tourón pero perde a Hugo. Darwin mantense no Incio. Vivirá a terceira campaña no cadro amarelo.



No grupo Norte, o trabadense Miguel Yanes segue unha campaña máis no Celta Barreiros. Ao igual que fan Pedro e Fran no Xermade. Os veciños de Cabreiros tamén contan con novidades: Sergio Hermida e Sergio Díaz renovan no cadro de Isaac Rouco. Un Cabreiros que incorpora a Álex Ramos ‘Wasi’, procedente do Roupar. Tamén chega a A Cea o central Alex Riobó procedente do CD Rosalía, equipo de Valdoviño co que competiu na Segunda Galicia de Ferrolterra.

Pola súa parte, o Guitiriz renova a Sergio Díaz, que cumplirá a segunda temporada no club. Jordi tamén continúa. Antes de pechar o noso fútbol máis modesto, un apuntamento de Terceira Galicia: Luis Vigo vivirá a súa quinta campaña no Catro Roldas.

E non nos olvidamos das categorías superiores. Os nosos equipos da Terceira RFEF móvense arreo para configurar os seus cadros de xogadores. En Vilalba aseguraron a continuidade de David Buyo. En Viveiro, fixeron o propio co atacante Adri Lombao.



Luis Romay (abaixo) foi un dos participantes da primeira edición do concurso Sesión Plenario

Brais Vázquez deixa o CD Lugo B. Tras nove anos na estrutura do cadro albivermello (con paso intermedio pola canteira do Celta e polo As Pontes sénior), o meta de Taboada comunicou a súa saída do club.

Ademais, na Preferente, Labrada xa ten segundo adestrador para a súa aventura en Ribadeo. Juanma, antigo defensa do Castro e do propio Ribadeo, acompañará ao extécnico de Meira ou Riotorto no banco do Pepe Barrera.

No capítulo de fútbol feminino, coñecemos a baixa de Elena Pérez no PM Friol. A dianteira viguesa asina polo equipo de moda: As Celtas. No tocante ao fútbol base, Luis Romay deixa a un lado o balompé sénior. O antigo preparador do Cospeito dirixirá aos xuvenís do CD Castro.

    Diario dun mercado. Episodio 420

    Diario dun mercado. Episodio 419

    Diario dun mercado. Episodio 420

    Diario dun mercado. Episodio 421

    Dejar un comentario

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *