#Fútbol afeccionado #Feminino #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira RFEF

Diario dun mercado. Episodio 412

Non hai tregua na gran semana do IV All Star Futbolinlugo. Comezamos o noso repaso ao fútbol provincial pola Terceira RFEF. O monfortino Iago López é novo xogador do Betanzos. Procede do Bergantiños.

copa

Seguimos falando de Monforte pola Preferente Norte. O defensor Youssef Alami continúa no Lemos. Polo momento o conxunto lemista adestrado por Juanlu Bernal comunicou que conta no próximo curso co porteiro Pablo Losada; os defensores Aissa, Borja Castro, Alami e Luis Vila; e co mediocentro Dafonte.

Os veciños do Atlético Escairón perden a unha peza clave. Por unha boa causa, iso si. Rubén Cidre despídese dos terreos de xogo cunha notable traxectoria ás costas e o ascenso do seu equipo no peto.

O Ribadeo publicou os xogadores que non continúan no equipo, aínda que algunhas xa se produciron o longo da tempada e outros casos xa eran sabidas como o caso de Asier Burunda que fichou no Racing Villalbés. Ademais do gardamallas Carrera que se incorpora ao Navia asturiano. Tamén as retiradas de Isma, Santi e Criss. Mounir, Nuno Mencía e o atacante ribadense Iván García xa levaban tempo sen estar na dinámica do club. Ibrahima estivo a maior parte do curso lesionado. A maiores, oficializaron as saídas do porteiro Hugo e os centrocampistas Iván e Tichu.



Nun chanzo inferior, Hugo Buide renova no Castro. O atacante da casa tamén se mantén no proxecto de Primeira. Será a súa cuarta temporada desde que regresara ao equipo tras militar un ano na Sarriana. Na veciña Outeiro de Rei, o atacante Iago García renova no equipo de Adrián Vázquez. O lucense chegara o equipo o curso pasado procedente do fútbol sala.

A Segunda Galicia, gran protagonista neste Diario dun mercado

Baixamos á Segunda Galicia, onde vos contamos multitude de novidades. Sen movernos do sur, quedamos por Brollón. O cadro dos Medos inicia a planificación do próximo curso pola portería. Ficha ao gardamallas monfortino Dani Díaz, procedente do filial do Club Lemos. Cando comece a tempada fará 21 anos.

Ademais, asegurou a continuidade dunha das súas ‘estrelas’. Adri Castañer renova no Brollón. O talentoso mediapunta será un dos protagonistas do IV All Star Futbolinlugo deste sábado en Guntín.



all

Por Rubián, teñen unha baixa considerable. O central Daniño non continúa no Poste. Dende o club anuncian que abandona os terreos de xogo. Ademais, Álex ‘Piky’ seguirá capitaneando ao Lemos B. O atacante leva no equipo desde a súa creación en 2018.

No entanto, o Cospeito comeza a perder algúns dos seus xogadores máis importantes nas últimas tempadas. Xoán, un dos seus futbolistas máis desequilibrantes, di adeus tras oito anos no club. Tamén anunciou a súa saída o central Xesu, que formaba parte do equipo dende xuvenís. Ademais de marchar Álex Cabado, o lateral esquerdo de Árbol pecha unha etapa de cinco anos.

Por último, un apuntamento do fútbol feminino provincial. A guitiricense María Calvo pecha unha etapa de seis temporadas na estrutura do RC Deportivo. Chegara a debutar co primeiro equipo en Primeira División. Os últimos anos exerceu de capitá do filial que milita na Terceira RFEF.

Diario dun mercado. Episodio 412

O Iberia levanta a Copa por primeira

Diario dun mercado. Episodio 412

IV All Star: moito máis que fútbol

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *