Comezamos este Diario dun Mercado coa baixa de Isaac no Racing Vilalbés. O atacante de Ferrolterra chegara o curso pasado á Madalena procedente do Silva. A Sarriana fichou ao lateral Martín López. O de Paradela xogará preto da casa logo de pasar pola base do CD Lugo, a UD Ourense e rematar a temporada nas filas do Viveiro. Na Ribela continuará un ano máis Boedo. O bergantiñán cumprirá a súa segunda temporada no cadro sarriao.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/06/448688631_4565065887052715_7317783779290829711_n.jpg)
O Atlético Escairón terá que buscar adestrador na súa volta á Preferente. Iván González deixa ao conxunto do Saviñao e retorna ao fútbol ourensán para dirixir ao Melias. O Ribadeo confirmou o que era un segredo a voces. Ramón Labrada será o adestrador de cara a nova temporada, logo dun periplo de tres temporadas no Meira. O Lemos B anunciou a renovación de Brais, Ismael e César.
O Castro garante a continuidade de dous pesos pesados. O ‘comandante‘ meirego Marino seguirá no conxunto chairego. Será a segunda temporada consecutiva na súa segunda etapa no club e xogará en Primeira Galicia logo de dez temporadas consecutivasentre a Preferente e a Terceira. Tamén seguirá no Castro Alvarito, aportando a súa clase no medio do campo. O Outeiro de Rei segue a confeccionar o seu cadro de xogadores e anunciou a renovación de Adri, Dieguito, De la Iglesia e Revuelta.
![all](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/06/all_star_guntin_programacion.jpg)
O Iberia anunciou a renovación do seu adestrador Miguel Ángel Fuente ‘Moro‘. O técnico All Star non terá ao seu carón a Roberto Acebedo que fará un paréntese na súa carreira deportiva. Diego ‘Amoedo‘ continuará como preparador físico do conxunto das Valgas. Tamén continuará no cadro de San Miguel o gardameta focego Alonso. Logo de varias temporadas no CD Foz, conxunto no que se formou, xogará a segunda temporada no Iberia. Os seus veciños, o Celta Barreiros, anunciaron a renovación do dianteiro ribadense Nico e do extremo venezolano Edi. Ámbolos dous cumprirán a súa segunda temporada no Cascabeiro.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
O Muimenta comeza o seu novo proxecto coa renovación dos seus capitáns. Javi Morán e Jairo seguirán un ano máis no cadro chairego. No Páramo, Diego Reija e Marquitos seguirán defendendo a portería das Rapadas. O Rubián anunciou a continuidade de Senén López como máximo responsable técnico logo de acadar o ascenso a Segunda Galicia. Óliver seguirao acompañando como segundo.
O focense José Manuel renovou como adestrador do Real Tapia. Logo de varios anos adestrando na nosa provincia, será a súa segunda campaña no conxunto asturiano.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)