Xa hai clubes lucenses en competición, pero o mercado apura o seu protagonismo nesta fin de semana previo ao comezo das principais ligas autonómicas.
Por exemplo, no Chao da Poza: o mediocentro Julián regresa ao Portomarín desde a Comercial de veteráns para aportar experiencia e calidade ao cadro miñoto. Outro que volve á que xa foi a súa casa é Diego Moure. O xogador regresa ao Chantada B desde a Medela.
Tamén hai novidades no fútbol feminino. O San Roque incorpora a Leire, ata agora na Milagrosa. A atacante foi unha das sensacións da Segunda Galicia a pasada campaña. Ademais, o CD Lugo ‘B’ confirmou tres fichaxes para o seu proxecto: Alba Álvarez chega desde a Comercial, mentres que Ainara Silvosa e Uxía Rey fan o propio desde a Milagrosa.
Ademais, o fútbol base feminino segue medrando na nosa provincia. Un dos conxuntos que máis está a crecer nos últimos anos, a Piringalla, anunciou a creación dunha sección feminina para todas as rapazas que queiran formar parte dela. A intención do club é extender, nun prazo de poucos anos, esa iniciativa a todas as categorías, incluida a sénior.