Xa a poucas semanas do comezo das ligas, o mercado ultima os seus movementos para garantir a competitividade de todos os equipos. É o caso do PM Friol, que renova a súa nova capitá, Nerea Rodríguez. A futbolista de Chantada xogará por sexta temporada consecutiva no club presidido por Ángel Villar, onde se desempeña como central ou mediocentro defensiva. Ademais, os da Reigosa renovan a Andrea Vigo e incorporan a Antía Delgado, que chega desde o Interrías. Segundo apuntan fontes próximas ao PM Friol, é probable que cheguen máis xogadoras desde a entidade de Sanxenxo. Máis ao sur, Iria Fernández continúa no Monteforte.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2019/05/palas13.jpg)
No fútbol masculino, o Foz renova a José Otero e a Pablo Pérez para unha nova campaña na Primeira Galicia. Precisamente á Primeira tratará de ascender un Cospeito que mantén no seu cadro a Josete, Nano e Gabi, xogadores importantes a pasada temporada para os da Fonte. Outro rival da categoría do Cospeito, pero do Grupo Sur, o Palas, anunciou a renovación de Samu, Brais e Noel.
Xa na Terceira Galicia, o mediocentro de Vilapedre Iván Amado cumprirá a súa segunda temporada no Goiriz logo do seu paso por conxuntos como o Xermade ou Catro Roldas. No Grupo Sur, o Castroverde renova a Dani Gómez.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2023/07/PM-FRIOL-A-NERE-LOMBARDERO.jpg)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)