#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

Diario dun mercado. Episodio 385

Xa se descontan os días na provincia para que comencé a competición. Os equipos comezan as pretemporadas, xogan amigables e seguen completando os seus cuadros de xogadores.

Na Preferente están a un mes de comezar a liga. Nas próximas horas daremos conta das estás máis sinaladas do calendario dos equipos lucenses na competición.

O Castro reforza o seu centro do campo con Oladapo Oladipo ‘Dapo’. Volverá xogar na Preferente e no CD Castro. O mediocentro de orixe nixeriano acumula unha extensa carreira no fútbol galego entre Prefente e Terceira.

Xa xogara no Castro hai trece anos en Preferente. Pasou polo Racing Villalbés, Somozas, Dorneda, Arteixo, Ribadeo (en dúas etapas), Galicia Mugardos, Laracha ou Betanzos e vén de xogar a última campaña no Pol en Primeira Rexional.



Na Primeira Galicia Suso Foro e Álex Carreiras manteñen o seu compromiso co Lourenzá. Ademais Samuel Senande renova no Guntín.

Xa na Segunda Autonómica O vilalbés Jose Losada é a primeira incorporación do Xermade. O mediocentro procede do xuvenil do Castro e anteriormente estivo na base do Racing Villalbés.

No veciño Cabreiros non estarán este curso Fraga, Blanco, Jose e Manufa. Non continúan no equipo despois de incorporarse a tempada pasada ao comxunto para axudarlle nunha situación de escaseza de xogadores.



Na Terceira Rexional, Álex renova no Rubián e Samu segue no Castroverde.

Diario dun mercado. Episodio 385

Diario dun mercado. Episodio 384

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *