#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal #Terceira Futgal

Diario dun mercado. Episodio 384

A un mes para que as competicións dean o pistoletazo de saída, o mercado segue activo na nosa provincia. Proba diso é a nova fichaxe do Racing Villalbés. Os de Simón Lamas incorporan ao dianteiro de 20 anos Izan Fernández, que procede do filial do Málaga CF, o Atlético Malagueño. Ademais, cobran importancia as renovacións anunciadas pola SD Burela: Jairo Campo, Simón, Pablo Vila e Álex Esquerdeiro seguirán como locais na Marosa e serán os capitáns do equipo nunha mestura de veteranía e mocidade.

Omar cambia a Ribela polo Manuel Luna.

Na mesma categoría que os da Marosa competirá unha SD Pol que mantén o seu ambicioso proxecto. Os do Manuel Luna incorporan ao lateral zurdo Álex Pérez ‘Garza’ e ao dianteiro Omar, que veñen de ascender á Terceira RFEF coa Sarriana. Un recén ascendido, o Guntín, renova o compromiso do vertixinoso extremo Sergio Quiñones.

Na Segunda Galicia, o Cospeito quere redimirse da temporada pasada e procurar o ascenso de novo. Para iso, Jesús, Cancio e Fran Lage renovan na Fonte. Na Terceira Galicia, o recén descendido Goiriz segue a armar un proxecto ambicioso na categoría. Os chairegos incorporan a Héctor Moure, formado na base do Racing Villalbés e que procede do Nuevo Nausti, conxunto da súa parroquia que este ano non sae a competir. O cadro vilalbés tamén suma ao seu proxecto ao mediocentro Miguel ‘Canario’.



Diario dun mercado. Episodio 384

Diario dun mercado. Episodio 383

Diario dun mercado. Episodio 384

Diario dun mercado. Episodio 385

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *