Máis cedo que tarde botará a rodar o balón polos campos lucenses, polo que os clubes apuran a confección dos seus planteis. Hoxe comezamos pola Preferente Norte. O CD Lugo «B» renovou a Cuadrado, Dani Renda, Javi Rey e ao adestrador, José Durán. Súmase a doutrina do filial albivermello Denís López, que procede do Arteixo. Tamén o CD Lugo buscou máis aló das fronteiras españolas, e fíxose cos servizos dun holandés, que reforzará o mediocentro. Ademais, o máis posible e que Dinarte Pita, xogador do Albacete «B», abandone aos manchegos e fiche polo CD Lugo «B», onde contará con aspiracións de chegar ao primeiro equipo.
Sen embargo, non todo son fichaxes. Cando todo apuntaba a que o lateral zurdo Pablo Rey sería novo xogador do Racing Villalbés, os chairegos asinaron a Buyo, deixando a Rey como unha das pezas máis codiciadas do mercado tras non renovar co Polvorín (CD Lugo «B»).

Na Primeira Galicia, o CD Foz anunciou o regreso ao Martínez Otero do lateral Rivera, tras xogar na Milagrosa, e Adrián cambiará A Pinguela (Lemos) pola Ribela (Sarriana). E xa na Segunda, comezando polo grupo sur, a SD Becerreá asinou a Garaloces, Marsu e Álvarez, os tres ex-xogadores da Milagrosa, e a Álvaro, formado nas categorías inferiores do clube de Becerreá.
Na Segunda norte chegan novidades desde a SD Ourol, que incorporou a Cortiñas, central experimentado que xogou no Burela a pasada campaña. A última nova que nos deixou este fin de semana ven desde Antas, concretamente desde os seus banquiños. Melendo, con pasado no Polvorín (entre outros), será o adestrador do conxunto feminino.

