#Sin categoría

Diario dun mercado. Episodio 353

Comezamos con novas no Racing Vilalbés. O conxunto chairego renova a Vérez, un dos capitáns, e refórzase coas chegadas do dianteiro Christian, con pasado no Polvorín ou Bergantiños, así como do extremo Isaac, que vén de completar unha gran temporada no Silva, onde afrontou o seu primeiro ano sénior logo de formarse na base do Racing de Ferrol.

No Polvorín causa baixa o naviego Jesús Fernández, xogador que gozou de minutos na Segunda División co CD Lugo. Tamén sae do filial albivermello Iago Novo, recente fichaxe do Langreo. O Viveiro, tal e como adiantou La Voz de Galicia, refórzase co lateral zurdo madrileño Gamarra, procedente do Móstoles. Na Terceira RFEF seguirá o soberino Ramón, recentemente proclamado campión da copa das rexións UEFA. Según adiantou Non Vale Furar e vén de confirmar La Voz de Galicia, o gardameta formará parte do cadro de xogadores do Arteixo.

Na Preferente, o Ribadeo comeza a darlle forma ao novo proxecto que volverá a liderar Dani Moirón. Chegan ao Pepe Barrera o defensa Álex Vázquez ‘Guntín‘ formado na canteira do CD Lugo, procedente do Somozas, así como o atacante Diego Ferreiro, que chega desde a Sarriana, logo de comezar a temporada no filial do Racing Vilalbés. Conta con experiencia na Preferente nas filas do Santaballés. O Lemos asinou a Brais Pardo, procedente do Chantada Atlético e a Iker Díaz, que chega desde o Escairón. O Castro confirmou a renovación de Juanma, que seguirá un ano máis ás ordes de Rafa Casanova. O veterán zagueiro competirá por un posto con Dani Montes, nova fichaxe dos chairegos, procedente do As Pontes.

O Escairón asinou ao dianteiro Rucho, procedente do Atlético Arnoia, e renovou a Marcos Macía, Álex Antonio, Jairo, Rubén Cidre, Félix, Denis, Julito, Maki, Pandiani, Marzán, Rubén Díaz e Arias. No Burela, Luchi renova unha temporada máis como adestrador do conxunto verde. Xunto a él, como segundo, estará Donato, que chega desde a base do Ribadeo. Marrube, logo de desempeñar unha gran labor, será o adestrador dun conxunto da base, ademáis de desenrolar outras labores directivas. O gardameta Juanmi continuará no Meira a vindeira campaña. O Xove Lago asinou a Dani Celeiro, que volve ao club logo do seu paso pola canteiro do Deportivo e do Oza.



O dianteiro Dani Roca retorna ao Friol, logo do seu periplo no Pol. David Otero renova no Cabreiros e Chungui fai o propio no Xermade. Refórzsase o Monterroso coa fichaxe do diantieiro Lucas Pardo, procedente do Portomarín. O Lemos B refórzase con varios xogadores procedentes do Calasancio. Son o gardameta Álex, o central Vilariño, o lateral polivalente César e o extremo Brais Álvarez. O Mondoñedo anunciou a baixa de Javi Álvarez.

O Celta Barreiros renovou a Isma, Rubén, Miguel Casanova e Joao, mentres que a Comercial B tamén anunciou a continuidade de Álvaro, Cadete e Torito. No banquiño do Racing Vilalbés B continuará Iván Lamas, logo de acadar o ascenso a Segunda no primeiro ano de vida do filial. Geri, Toño, Iván e Víctor seguirán a vindeira temporada no Rubián.



Diario dun mercado. Episodio 353

Queres a túa camiseta persoalizada do All

Diario dun mercado. Episodio 353

Diario dun mercado. Episodio 354

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *