#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 351

Na previa da gran festa do fútbol lucense, chegamos cun novo Diario dun Mercado. Comezamos pola Terceira RFEF, onde xa sabemos varios dos nomes que continuarán nunha Sarriana na que haberá bastantes cambios. Javi Liz, Edgar, Pedro López, Herrero e Sané renovan co cadro da Ribela.

Unha categoría máis abaixo, o Ribadeo manterá a un dos seus piares en ataque. O focego Asier Burunda seguirá agasallando coa súa clase ao respectable do Pepe Barrera.

Asier, referente do Ribadeo

Na Primeira, o Outeiro de Rei incorporará a un novo xogador procedente da Segunda Galicia. Adrián Vázquez reforza a parcela defensiva, necesitada de efectivos, co central do San Lázaro Yeray Bao. Unha das revelacións da pasada campaña. Nesa mesma competición, o tamén defensa Rubén Seijas renova co Guntín.

E rematamos este Diario dun mercado cunha boa dose de Segunda Galicia. Mateo López continúa no Cabreiros mentres que Maza abandona a disciplina do Brollón e podería estar moi preto do filial do Lemos.



Por último, coñecemos as renovacións do novo San Lázaro de Nico Longhini. Pipita, Álex García, Vigo, Manel, Gabri, Picatto, Mariano, Rubén Candal, Saúl, Pablo Gómez, Jose, Armesto, Zas, Yelko e Julito seguen co emblemático conxunto de A Ponte.

Diario dun mercado. Episodio 351

Diario dun mercado. Episodio 350

Diario dun mercado. Episodio 351

Diario dun mercado. Episodio 352

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *