Aínda sen que a temporada 2022-2023 chegara ao seu fin, o mercado de cara á vindeira xa está en marcha.
O sarriao David Páez despídese do Alondras, onde acadou o obxectivo da permanencia, pero seguirá adestrando en Terceira RFEF. Páez sentarase no banquiño do Estradense, precisamente no canto doutro adestrador da provincia, o focense Nacho.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2023/06/PORTOMARIN_FERNANDO-1-rotated.jpg)
Fernandito e o seu segundo, Pampín, despídense do banquiño do Portomarín logo de culminar un dos ciclos máis exitosos da historia do club miñoto, sendo quen de levar o equipo desde a Segunda Autonómica ata a Preferente. A Sarriana tampouco poderá contar con Óscar Rivas. O defensor anunciou a súa retirada dos terreos de xogo. A Residencia comeza a perfilar o seu cadro de xogadores para a vindeira campaña. Os capitáns Rober, Chiqui, Diego Bravos e Rasilla seguirán no conxunto da Cheda, ao igual que Tebi, Adrián, Sergio e Yeray. Lucas e o retirado Poratti, causan baixa na Resi.
Na Primeira Autonómica seguimos con máis novidades nos banquiños. Pablo José López non continuará como adestrador do Monterroso e Martín Murado tampouco seguirá á fronte do descendido Pastoricense e especúlase co seu retorno á Medela para facerse cargo do Taboada. O defensor Álex Ferreiros tampouco continuará no Pastoricense e defenderá as cores do Riotorto a vindeira temporada.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
O Xove Lago xa ten sustituto para Anxo no banquiño do Municipal. Non é outro que Pelayo. O ex xogador do conxunto verde asumirá as funcións de adestardor logo que fai uns poucos días anunciaramos a súa retirada como futbolista. Outro que colga as botas é toda unha institución no fútbol lucense: Iván González. O xa ex xogador do Pol cambia o verde pola dirección deportiva.
O Lourenzá, logo de anunciar a continuidade do seu corpo técnico formado por Roberto Ramallal e Maikel, comeza tamén a perfilar a súa plantilla. Pichi, Yago Cruña, Álex, Clemente, Miguel Hermida, Xoel e Óscar Paz seguirán un ano máis no ‘Atleti‘.
No San Lázaro xogarán Gabi e Maci, que chegan desde o Fonsagrada da man do seu ex técnico Nico Longhini. Ao cadro capitalino tamén chega o centrocampista Núñez procedente do Sporting Lucense. En troques, o capitán Álex Ferreiro causa baixa e colga as botas.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)