Volven os Diarios dun mercado cargadiños. Hoxe traemos un menú ben completo. Comenzamos pola Preferente onde o Portomarín vén de sumar á súa causa pura polivalencia para a súa zaga. Guaje Iago chega desde Monterroso para aportar solucións á zaga miñota.
Xa na Primeira, Diego Pernas non seguirá no Xove Lago. No entanto, o que si continúa é Dani Díaz no Castro. En Pol renovou Juan Carlos e incorporan a Xoel Ross, procedente do Ribadeo.
Na Segunda temos unha boa ración de fichaxes, ademais da renovación do talentoso Raúl no Castro B. O dianteiro de Portomarín Brais Travería ficha pola Comercial. Pola súa parte, o Guntín incorpora un porteiro de garantías ao reclutar a Sebas (Corgo).
No Lucense son varias as caras novas. Chipi deixa a portería do Monterroso para poñerse ás ordes de Lolo. E Aldo, Fabián, Núñez e Jorge chegan desde o San Roque. Ademais, o goleador Jul renovou. Ademais, en Brollón causa baixa César por motivos laborais. Diego, un seguro na defensa, renova por un ano.
Por último, temos noticias do Celta Barreiros. Renovan René, Ínsua, Mákina, Carracha, Anxo, Jhoseba, Xián, Youseff, Ferro, Xabi, Iff, Rivas, Dani Chin e Congui. Tamén fichan a Alexis, Cayón e Isma do Foz.
Na Terceira Galicia, O Rácing Villalbés B suma para o seu proxecto ao guitiricense Gabi García (leva no club dende infantís), a Diego Felpeto (xogou na base racinguista e o seu último equipo foi o Pastoricense) e a Aitor Vázquez (tamén con pasado na base que levaba uns anos sen xogar). E no veciño Nuevo Nausti, fichan gol cos dianteiros Juan e Litos. Ambos procedentes do Santa Comba. Ademais renovan ao mediocentro Cristian Sanfiz.