Seguimos para bingo! Traemos unha nova edición do Diario dun mercado repleta de novidades. E, sobre todo, renovacións.
Comenzamos pola Preferente Galicia, onde o Lemos asegurou a continuidade de Dani Arias e o porteiro Arturo. E o As Pontes a do central vilalbés Dani Montes. Falando de renovacións e porteiros, o Pol pecha a súa meta co gardamallas Luisito. Un porteiro de garantías e do pobo que seguirá ás ordes de Germán Campos.
Nesa mesma Primeira Galicia tivemos un regreso de renome. Diego Chao deixa Foz para volver ao Municipal de Xove. Non irá só. O cadro mariñán anunciou tamén o retorno do canteirán Jorge á portería.
No outro extremo da provincia, o Chantada Atlético mantén a Fernando Corredoira no banco. Cargo que seguirá compaxinando co de técnico na base do EF Polvorín. Os atléticos incorporan ás súas filas a César, natural de Carballedo, e que este ano militou no Atlético Arnoia da Terceira galega. Tamén suman a Miguel, un lateral-interior zurdo, que este ano non xogou ao fútbol ao estar en Coruña. Natural de Chantada.
Na Segunda Galicia, Pájaro segue como adestrador do Friol despois de coller ao equipo da Reigosa no tramo final da pasada temporada. No Fonsagrada continúan o adestrador Nico e os xogadores Jorge, Gabi, Iván, Guayén, David, Íker, Ígor, Silbán, José, Maci e Javi. Regresan ao club do Gómez Besteiro Pedro, Ian e Mauro. Tamén chega Diego desde A Pontenova.
No capítulo de fútbol feminino, a polivalente Naiara Velasco renova co PM Friol. E antes de pechar este Diario dun mercado, aínda nos queda un bo feixe de novidades na Terceira Galicia. Javi cumprirá a súa segunda campaña en Mondoñedo e Manolinho renova en Quiroga.
E tamén coñecemos a situación do cadro de xogadores do Celeiro. O equipo viveirense adestrado por Martín Rodríguez comunicou as renovacións do porteiro López; os defensas Ceas, Diego, Pelo, Silva, Bruno Ramil e Delvis; os centrocampistas Dani Liz, Abraham, Poti, Brais Maseda e Naya; e os dianteiros Mora, Tatiko e Xabi. Dende o conxunto agardan que en breve espazo de tempo podan anunciar, como mínimo, cinco incorporacións.
O Celeiro anunciou as baixas de Dani Diaz (pola lesión de gravidade de momento non vai xogar), Javier Diaz ‘Teso’ (retírase como xogador; quedará no organigrama do club), Orli e Óscar Fraga (baixas por traballo), Josiño (os seus problemas nos xeonllos dixeron basta), Óscar Docal (ficha na UD Folgueiro) así como Quintela e Álvaro.