#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal

Diario dun mercado. Episodio 274

Ardeu Lucus e continúa a arder o mercado de verán. Clubes de todas as categorías comezan a planificar a temporada 22/23 da man de fichaxes e renovacións. É o caso da Preferente, onde o Ribadeo renova a Coki logo dunha temporada fóra dos terreos de xogo por lesión. No outro extremo da provincia, o lateral esquerdo Álvaro Álvarez abandona o Club Lemos.

Coki, posando para a III Guía Futbolinlugo

Continuamos o repaso na Primeira Galicia. Juan Rodríguez non seguirá como técnico Santaballés. O chantadino deixa A Liga para ser o segundo adestrador de Simón Lamas no Racing Villalbés e dirixir ao Xuvenil ‘A’ do club chairego. Ademais, o Foz anunciou a continuidade dun home da casa. Jesús Gayol seguirá á fronte do cadro mariñán. O Castro, pola súa parte, perde a un gardamallas, pois Adrián Yebra non renova no Arturo Pereiro.

Na Segunda Galicia, a tónica son as renovacións. Por exemplo, as de Marcos Folgueiro e Javier Cortón no Meira, ou as de Caillou e Jano no San Roque. Os de Montirón incorporan tamén ao seu cadro de xogadores a Sito e Raúl Badea, que soben desde o xuvenil das EF Polvorín. Por último, o recén ascendido Castro ‘B’ anunciou a fichaxe de Fran Regueiro, extremo que xogaba no Cospeito.



Diario dun mercado. Episodio 274

O Lugo e o Antas xogarán a

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *