#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 26

O noso Diario dun mercado quixo dar unha volta por terras que tiñamos algo abandonadas. Porque sempre hai algo que contar en tódolos lados. Agora xa sabemos, que Negrete seguirá á fronte do Oural unha campaña máis. Así mesmo, algún dos veteranos do equipo colgará as botas. Agardemos que non sexan moitos!

Diego Mejuto co seu equipo no terceiro tempo

Baixamos algo máis na provincia e, tamén, de categoría. Na Terceira Galicia, o Relámpago Taboada mantén o seu banquiño. Diego Mejuto, que deixa de xogar no Chantada Atlético, será o primeiro adestrador. Sempre escoltado polo seu segundo Marcos Moscoso. No capítulo de altas, fichan polo clube sureño Iván Fernández, procedente do Rodeiro; e Daniel (o seu último equipo foi o Galicia venezolán). Dous homes do pobo para suplir as baixas de Luis Vázquez, Dani Ulloa e Miguélez.

En Guitiriz, Delfín volverá ser o xefe de operacións. Conta cun novo efectivo: Antón Castro, que chega dende o Racing Villalbés xuvenil A. Ademais démonos unha volta por Cabreiros. Alí traballan arreo para pechar fichaxes. As baixas sí que as coñecemos: Davicín, Pablo, Rochela, Jordi Rivas, Neira e Touza.

Por outra banda, máis ao norte, en Burela todo apunta a que se manterá o bloque da pasada campaña. As renovacións están ao caer. A de Simón e o ‘pichichi’ Jairo poderían ser as primeiras. Corremos a Meira, onde estrean técnico. Marcos Lombardero dirixirá a nave meirega. Esa á que chega Alberte, con pasado nos xuvenís do clube; e que abandona Garboso.



Por último, o Valadouro comeza a andar o próximo 26 de xullo. Xa sabemos tres dos varios amigables que disputarán. O 29 de xullo veranse as caras co Viveiro, o 6 de agosto enfrontaranse ao Burela e o 19-20 de agosto ao Iberia. Os ‘campos da festa’ aínda están por determinar.

 



Diario dun mercado. Episodio 26

Diario dun mercado. Episodio 25

Diario dun mercado. Episodio 26

As nosas redes falan!

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *