Este novo episodio do noso Diario dun Mercado ten como clara protagonista á Segunda Autonómica.
O Chantada B confirmou como segundo adestrador a Álex Varela, que será o axudante de Traste. Conta con experiencia nos cadetes, xuvenís e no equipo feminino do Chantada. David Guerra dirixirá ao conxunto chantadino cadete.
O Celta Barreiros anunciou as renovacións no seu cadro de xogadores, A ampla maioría continuará un ano máis no conxunto mariñán. René e Pedro Incera seguirán baixo paos, mentres que Mákina, Insua, Carracha, Iff e Ferro renovan na retagarda. Róber, Dani Chin, Hugui, Rivas e Pita comandarán ao equipo celeste desde o mediocampo e os encargados de facer gol serán Xian, Berodia, Jhoseba e Soto.
O Paradela renovou a práctica totalidade dunha plantilla que seguirá comandada por Rubén Bergantiños, que contará con Iván López como axudante. O Becerreá anunciou o seu organigrama para a vindeira temporada. Antón Méndez será o técnico do primeiro equipo, ademáis de coordinador deportivo do clube. Richard Huerta adestrará ao conxunto xuvenil e cadete. Ruchi encargarase do equipo infantil e alevín, cargo que compaxinará co de central da SD Sarriana. José Lexo adestrará ao conxunto benxamin, prebenxamín e biberón, mentres que Álex López adestrará aos porteiros, e ademáis será o segundo adestrador do cadete e xuvenil.


A SD Antas recupera para a súa zaga á central Iria, que afrontará a segunda etapa no cadro da Ulloa.
Amigables Pretempada
O San Ciprián xa confirmou os seus amigables de pretempada:
- 5 de setembro contra o CD Foz (pendente confirmar campo).
- 8 de setembro: Viveiro Xuvenil (pendente confirmar campo).
- 12 de setembro: Burela (A Veiga).
- 25 de setembro: Alfoz (A Veiga).
- 2 de outubro: Folgueiro (Boa Vista).
- 10 de outubro: Xove Lago (Municipal).
