#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 244

Comezamos este novo Diario dun Mercado con novidades no fútbol feminino. O Peluquería Mixta Friol renovou por unha temporada á xove arzuá Andrea Vigo. A chantadina Bea López continuará no EFF Rosalía, conxunto ourensán de segunda galega.

Xa na Preferente, a Residencia oficializou a renovación de Jorge Veloso. O dianteiro fixo a pretemporada co Polvorín, pero seguirá sendo un dos puntais en ataque do conxunto dirixido por Dani Galán. O Santaballés incorpora ao mediocentro Diego Ferreiro, procedente do Racing Vilalbés xuvenil e estivo adestrando co primeiro equipo.

O San Ciprián incorporou ao central Uru, que xa adestra co equipo, mentres que o adestrador Jaime completou o seu corpo técnico coa chegada de Javi Ruíz, Félix e Julián Ferreira, ex capitán do Candelaria. O Portomarín confirmou a renovación do seu capitán Sanfiz, así como de Iago Barrio. Tamén estará ás ordes de Fernandito o gardameta Chumi, tal e como adiantou o pasado verán Futbolinlugo.

O defensa Manu Pedreira, que militou a última temporada no Ferreira, retornará ao Río Sil, conxunto no que afrontará a súa segunda etapa.



Diario dun mercado. Episodio 244

Así están as inscricións de Segunda e

Diario dun mercado. Episodio 244

Diario dun mercado. Episodio 245

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *