Comezamos o noso habitual repaso ao Diario dun mercado cun adeus dun clásico. E agardemos que sexa temporal! Hugo Criado non seguirá no Atlético Coruña Montañeros por motivos persoais. Os mesmos, que por agora, pospoñen o seu futuro a curto prazo como xogador. A do mediocentro vilalbés non foi a única despedida destacada. Artai cerrou a súa etapa na Residencia, club no que empezou a xogar aos 4 anos. O menudo extremo lucense dará a coñecer o seu próximo e sorprendente destino en cuestión de días ou horas.
No capítulo de renovacións, Pablo Gómez seguirá no San Lázaro. Noceda fará o propio no Foz. Trullo defenderá un ano máis a portería do Xove Lago. Estará acompañado por Mateo, que sobe dende os xuvenís. E Óscar, que se incorpora desde o Ourol. Ademais, o Lourenzá confirmou nas súas redes a renovación de todos os xogadores comprometidos no primeiro verán de pandemia.
No fútbol feminino, seguen as exóticas fichaxes do PM Friol. Brennda Lisicki únese ao renovado proxecto do cadro da Reigosa. É unha central brasileira de 21 anos que procede do Sporting de Huelva.
Por último, no capítulo de pretemporadas coñecemos a folla de ruta do Taboada. Xogará na Medela ante a Sarriana (5S) e un triangular con Chantada e Lalín (26S). Visitará ao Chantada Atlético (29A), Antas (12S), Palas (15S), Brollón (18S) e Portomarín (2O). Así mesmo, Residencia e Santaballés empataron 1-1 esta mesma mañá. Novás adiantou aos visitantes. Kevin, cun golazo, igualou para os de Dani Galán.

