Antes de que remate o venres chegan os últimos movimentos no noso fútbol.
A Residencia reforza a súa retagarda coa incorporación de Juan Pereiro. Con experiencia no Pontevedra, Alondras e Moaña, pode desenvolverse como central ou lateral esquerdo. O Santaballés segue perfilando o cadro de xogadores que pelexe pola permanencia en Preferente. Continuarán no cadro chairego Miguel, que cumprirá a súa segunda temporada e David Rodríguez «Palomo«, na que será a súa oitava campaña, desta volta ás ordes de Juan Rodríguez.
O Castro confirmou o retorno ao club de Juanma. O defensor retorna ao Arturo Pereiro logo do seu paso polo Ribadeo e o Pastoricense. Ademáis, será tamén adestrador nun equipo de base. Déixalle o seu sitio Isaac Rouco, que sae do Castro e xogará no Riotorto a vindeira temporada, onde coincidirá co renovado Isaac Fernández.
O Outeiro de Rei asinou a incorporación de Rico, xogador procedente do Pastoricense onde militou as últimas catro temporadas. Anteriormente militara no Castro e no Muimenta.
Lembramos tamén dúas citas para que queira achegarse a Cantarrana ou ao Pepe Barrera. En Viveiro, o conxunto local medirase ao R.C. Deportivo a partir das 19 horas. En Ribadeo, unha hora antes, ás 18 horas, terá lugar a LXX edición do Trofeo Enma Cuervo, vicedecano dos trofeos de verán, que enfrontará ao C.D. Lugo co Real Oviedo.