#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 206.

O mercado do fútbol lucense non da tregua nestes primeiros días do mes de xullo, e cun dos principais conxuntos da nosa provincia como un dos grandes protagonistas.

É o Racing Vilalbés, que ven de anunciar a fichaxe do atacante Adrián Otero, que chega ao cadro chairego procedente do Paiosaco, onde xogou as tres últimas temporadas. Tamén será anunciado nas vindeiras horas a fichaxe de Diego Vela polo equipo dirixido por Simón Lamas. O polivalente xogador coruñés formado na canteira do Deportivo, procede do Bergantiños, co que acadou o ascenso a Segunda RFEF e conta con experiencia no Racing de Ferrol, así como na primeira división do fútbol húngaro. Según adiantaron os compañeiros de @infofutbolgalicia e confirmou o propio club, o xove central Jorge Tomé recalará no Racing Vilalbés procedente do Arzúa. O gardameta Javi Rumbo e o extremo Rares renovaron o seu compromiso co equipo presidido por Juan José Vázquez.



Dous lucenses son protagonistas no Bergantiños. O monfortino Iago López non continuará no equipo de Carballo despois de dúas temporadas nas que as lesións non lle permitiron ter a continuidade desexada. Ás Eiroas chega, procedente do Salamanca Uxío Da Pena. O dianteiro será unha das referencias ofensivas do equipo de José Luis Lemos. Tamén xogará en Segunda RFEF o burelao Julio Delgado. Será nas filas do Marino de Luanco, según adianta El Progreso. Na mesma categoría estará Iago Novo. O ex do Polvorín recalará no Formentera onde estará ás ordes do adestrador galego Michel Alonso.

Un dos bombazos da xornada protagonizouno o Ribadeo. A xunta directiva decidiu que Rafa Casanova non continúe á fronte do equipo en Preferente. O de Friol, que xa asinara o seu compromiso de continuidade según informou o diario El Progreso, levaba doce anos no conxunto mariñán, os tres últimos como adestrador. Tampouco continuará no Ribadeo o mediocentro Samu, que xogará no Castro onde tamén adestrará ao equipo alevín. Os do Lea contarán tamén con Adrián Román, dianteiro con pasado na Residencia.

Sen saír da Primeira Autonómica, Jon Vázquez, ex do Friol, será o novo adestrador do Riotorto logo de que Jandri Rego anunciase a súa saída. Un chanzo máis abaixo, o Becerreá anunciou a continuidade de Antón Méndez á fronte do equipo sénior, e cumprirá a súa décimcuarta temporada na estructura do club da montaña. Ao igual que nas últimas temporadas compaxinará esta labor coa formación na base do C.D. Lugo. O Brollón renova para a vindeira campaña a Casa, un dos seus goleadores.



Diario dun mercado. Episodio 206.

Diario dun mercado. Episodio 205

Diario dun mercado. Episodio 206.

Dani Moirón: «A fichaxe polo Ribadeo foi

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *