Os nosos clubs xa camiñan na nova normalidade. De feito, varios deles xa deron comezo ás súas pretemporadas. Iso si, a gran maioría con adestramentos individuais e con todas as garantías sanitarias posibles. Por exemplo, o Pol ou o Incio. Os do Carboeiro estréanse no día de hoxe, de feito.
Mentres, a gran maioría de equipos seguen a traballar na confección dos seus bloques. O Polvorín continúa a súa busca de adestrador, despois da negativa de Álex Antón nas últimas horas. Por certo, un vello coñecido desa casa, non se manterá no seu destino. Javi Rey deixa o Arenteiro despois dunha notable campaña. Veremos cal será a súa nova casa.
Na Primeira, a cousa vai de porteiros. O Burela renovou a Simón e o Monterroso fixo o propio con Rubén. Dos da Ulloa tamén coñecemos o nome do seu segundo adestrador: Omar, home da casa. Baixamos de categoría para anunciar o regreso de Miguel a Meira despois do seu paso por Pastoriza. Por último, na Terceira, Hasier continuará no filial do Monterroso. E no Castroverde seguen lateral Dani e o dianteiro David.

