Cando parecía que o mercado nos daba unha pequena tregua, volve o movimento no fútbol lucense. Na Preferente, o C.D. Foz renovou a Gonzalo, un dos seus estandartes, e o recén ascendido Atlético Escairón asinou ao gardameta Moncho, procedente do Piloño, equipo de Vila de Cruces.

Na Primeira Autonómica, o Castro acadou a renovación dun fixo a pasada temporada: o porteiro Josema. Ademáis os chairegos reforzan a parcela atacante coa chegada de Iago, procedente da Residencia. O Lourenzá mantén na súa plantilla a dous buques insignia da súa canteira: José Antonio e Yago. Sen saír da Mariña, o Alfoz tamén renovou ao veterán Pille, así como a Dani Río e o Burela, que vai camiño de manter a súa columna vertebral, asinou a renovación de Álex. O Chantada completou un póquer de renovacións. Seguirán no Sangoñedo a vindeira campaña Fornas, Manute e Povis, mentres que Noela continuará no equipo feminino. O San Lázaro, logo de asegurar a continuidade de Diego Rey no banquiño, comeza a perfilar o seu cadro de xogadores. Pipita, Rami, Saúl, Picatto e Julito continuará un ano máis na Ponte.

O Sporting Lucense refórzase con Jul, Seco, Damián, Hugo e Óscar, todos eles procedentes do Santa Comba, e tamén con Jacobo, tamén con pasado no clube de Tras do Novo.
Na Reto Iberdrola, o Peluquería Mixta Friol asinou como adestrador a Abraham García. A pasada temporada dirixiu ao U.D. Tacuense e con pasado no Sevilla C.F. e no C.D. Híspalis.

