Volvemos menos de 24 horas despois. O Foz segue a súa campaña de renovacións. Ás xa coñecidas, súmase a do centrocampista Andrés Bustelo. Na Primeira, o Chantada mantén esa mesma liña. E onte anunciaron unha continuidade importante: a de Alberto. Nesa mesma categoría, o Pol conseguiu a incorporación do polivalente Samu Quintela, que chega dende a Sarriana. E o Lourenzá comezou o turno das renovacións con tres centrocampistas: Noé, Garra e Paulo.
Na Segunda, Óscar será o axudante de Míchel no Incio. Nesa zona sur, regresa un home emblemático aos Medos. Reboiro adestrará aos gardamallas do Brollón. Na Terceira, renovan co filial do Lemos Joel Jiménez e Javi López. Fixeron o propio no Carballedo Roberto Carlos e Javi Airiños. Neste último club tamén houbo renovacións no cadro feminino: Laura Reina, Ana Lamas e Diana Gómez.