#Feminino #Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal #Terceira RFEF

Diario dun mercado. Episodio 152

Tan só un día sen publicar un Diario dun Mercado e acumúlanse as novas. Hoxe comentaremos, unha vez máis, todas as novidades dos nosos clubes, desde a Terceira División até a Terceira Galicia, pasando polo fútbol feminino. Na Terceira, o Viveiro CF renova a dous dos seus pilares fundamentais no ascenso desde Preferente: Tichu e Iván. Ademaisos de Cantarrana asinan a Édgar, procedente do CSD Arzúa, como adiantou La Voz de A Mariña. Por outra banda, o defensor lucense Ruchi abandona a disciplina do Somozas. Na Preferente, o protagonista e a SDC Residencia, onde renovan os capitáns Carlos Raposo, Dani Galán, Róber e Chiqui. Porén, os da Cheda sufrirán a baixa de Lucas. 

Na Primeira Galicia, o Chantada Atlético renova un ano máis a Miguel, Anxo e Ariel. Máis ao norte, o Folgueiro cambiará de adestrador na súa segunda campaña na categoría, ao non seguir Jandri Rego. Tamén Mora abandona o conxunto da Mariña. Outro clube mariñano con novidades é o Sporting Pontenova, no que non renovarán Xoel, Óscar e Zana. 

Nico comandará a aventura do Fonsagrada na Segunda Galicia.

Tamén na costa hai novidades no que atinxe á Segunda Galicia: Adrián Barrrera (ex de Astur Vegadense e Ribadeo) asina polo Iberia, cores que xa vestiu na súa etapa de base. O Fonsagrada continuará con Nico como técnico do equipo e, no sur, o soberino Michel comandará a nave do Incio. Ademais, o Brollón asina a Iago López, que chega desde o CP Calasancio.

Voltamos á Mariña para falar da Terceira Galicia. Nela, o Celeiro Club del Mar renova ao preparador Martín Rodríguez e aos xogadores Josiño, Orli, Ceas, Quintela, Pelo, Dani Diaz, Dani Liz, Atoche, Poti, Xabi, Silva e Brais, mentres que Abraham e Javi non continuarán no clube. Avanzando cara o sur, Víctor Valiño renova no Monterroso «B» e Xavi Castro fai o propio no filial do Lemos.



Por último, no fútbol feminino, o Carballedo CF continúa a preparar a súa terceira campaña como clube federado, renovando á gardamallas Lali, a Uxía e a Lucía Míguez. 

Diario dun mercado. Episodio 152

Diario dun mercado. Episodio 153

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *