O Rábade traballa sen présa pero sen pausa. Por iso, pecharon unha nova fichaxe. Trátase do interior Antón Lodeiro, con experiencia en Sagrado Corazón, Guntín e Comercial. Dende o clube aseguran que a próxima semana anunciarán tres novas incorporacións. No bando contrario, no das baixas, temos unha na Residencia. O meta Yelco non seguirá na Cheda. O que sí continuará, porén no Valadouro é Ramos.
Falando de renovacións, Fran manterase á fronte do Chantada Atlético a vindeira campaña. Dende o clube infórmannos de que seguirán o 80-90% dos xogadores. Ademais, o Páramo conta cunha nova entrada: a do talentoso Yelco, procedente do San Roque. E cunha saída, a do defensa Rubén Candal. Por último, o Castro conta con novo xefe de prensa. O prometedor Álex Vasco incorpórase ao staff do Arturo Pereiro.