Comezamos cun lucense que probará sorte na veciña Asturias. Santi Gegunde, que días atrás anunciara a súa desvinculación da S.D. Compostela apúntase ao proxecto do Lealtad de Villaviciosa, equipo co claro obxectivo de logralo ascenso a Segunda B.
O novo Racing Vilalbés de Simón Lamas segue collendo forma. O extremo Alejandro País, «Sito» xogará na Madalena cedido polo Deportivo, logo do seu paso polo Laracha, mentres que Muíña continuará unha temporada máis nun conxunto chairego que xa suma doce renovacións.
Na Preferente a Sarriana é o gran protagonista. Nen máis nen menos que cinco incorporacións no conxunto que este ano dirixirá o ex adestrador do Boimorto Dani Fernández: Javicho, un dos xogadores máis destacados da última temporada, procedente do Ribadeo, Dani Montes que chega do Castro, Peti, gardameta procedente do Agolada, Manu Carreira, ex do Escairón e Raúl Antas procedente da División de Honra Xuvenil do C.D. Lugo aínda que rematou a temporada no Monterroso. Todos eles formarán parte dunha Sarriana que voltará a pelexar na zona alta.


Na Primeira Autonómica, o Xove Lago incorpora a Xesús, xogador de ataque procedente do Viveiro e a Dani Celeiro, que chega das categorías inferiores do Deportivo. Moitas novidades en Pol, coas renovacións de Yebra e o incombustible Iván González, e coas chegadas de Borja Rasilla, do Páramo, Peke do Riotorto, Aarón do Castro e Óscar, con pasado na Milagrosa e con experiencia na Terceira. Actividade frenética tamén en Monterroso. Retornan dous xogadores que xa coñecen Cerdeiriños: Chumi, logo do seu paso polo Castro e Adrián Antas, procedente do Lemos. Ademáis, están confirmadas as fichaxes de Álex González, ex do Páramo e Diego Fente, que cambia o fútbol sala polo tapete verde logo de formar parte do Prone e Vilalba F.S. O Escairón renova a Sergio Andrade, mentras que o recén ascendido Guntín asegurouse a continuidade de Ivi e Óscar, dous dos capitáns. Un dos banquiños que quedaba libre xa ten dono: Manu Rodríguez, que dirixiu a pasada temporada ao Lemos B, será o adestrador do Tabaoda, mentras que o seu filial confirma a Ríos como «míster«.

Novidades nos conxuntos barreirenses, ambos en Segunda Autonómica. O Iberia contará con Omar, que chega ás Valgas procedente do Valadouro, mentres que o Celta ficha ao gardameta René, con pasado no Alfoz e Valadouro. Diego Bellas renova no Xermade, e outro dos conxuntos chamados a estar na zona alta como o Páramo asegura a continuidade de Saúl e Corbelle. Fontal, adestrador nas últimas campañas, descolga as botas e xogará de novo nas Rapadas.
A S.D. Chantada feminino contará con Sandra Rodríguez, segunda incorporación, porteira con experiencia no Calasancio, Monforte e Antas. No conxunto chantadino, Adrián Méndez «Traste» renova como adestrador do xuvenil. Fernando Currás, que chegou ao As Pontes como adestrador de porteiros procedente da Sarriana, ocupará o mesmo posto na base do C.D. Lugo.
