#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Diario dun mercado. Episodio 107

Coa resaca do Arde Lucus e as diferentes verbenas aínda presente, o mercado de fichaxes non perdoa e continúa a moverse. Hoxe repasaremos as máis recentes novedades, desde a Terceira Nacional até a Terceira Galicia. É na primeira delas na que o lateral David Buyo renova no Racing Villalbés para afrontar a que será a súa terceira temporada na Magdalena. Tamén continúa no Racing Aitor Moreda, un rapaz focense que remata a súa etapa de xuvenil, pero que xa sabe o que é debutar e anotar un gol na categoría. Por último, fíxose oficial a fichaxe de Ángel, centrocampista que chega desde o Boiro e con pasado no Fabril. A «cara b» son Arón e Xusto, que non continuarán no clube.

Saltamos agora á Primeira Galicia, onde o CD Castro, recén descendido que quere volver á Preferente, anunciou a volta dun vello coñecido do clube, Pedro Díaz. O Outeiro de Rei, aspirante ao ascenso, será dirixido por Josito tras a marcha de Cholas. Outro conxunto que buscará o salto de categoría será a SD Chantada, no que serán chaves xogadores como Michi e Alex Delgado, que confirmaron a súa renovación cos do Sangoñedo. Tamén o outro clube que compite no campo chantadino, o Chantada Atlético, anunciou a renovación de Ariel e de Samu Linares. Por outra banda, o Lourenzá afrontará o reto de manterse na Primeira con xogadores como Recalde, Montxo ou Garrafí, que renovan no «Atleti».

Na Segunda Autonómica, o Brollón renovou ao groso do cadro de xogadores: David, Pablo, Lucas, Samu, Castro, Rivera, Miguel, Davicín, Maikel, Mesi, Bertín, Damián, Rony, Óscar Casanova e Fer, ademáis da volta ao equipo de Hugo Sánchez Macía. En canto ao corpo técnico, Chura e o seu segundo Richard continúan á fronte do equipo, aos que se sumará Jorge Pérez. O Becerreá, tras salvarse pola permanencia do Celta «B» e o ascenso do Racing Ferrol, será dirixido por Antón Méndez, na que será a decimoterceira campaña no conxunto da Montaña!

Tamén na Terceira Galicia chegan novidades. O Sporting Lucense loitará por voltar á Segunda, polo que incorpora a David García, Carlos Rico e José García, procedentes do Matela, a Rubén García -que chega desde o fútbol sala- e a Jesús Pérez, procedente do Lugo Unión. O Sober renova ao míster Pasín.



En canto ao fútbol feminino, a SD Chantada será dirixida por Álex Varela, un rapaz moi novo que xa ten experiencia nos banquiños do Sangoñedo!

Para finalizar, anunciamos unha noticia que nos enche de ledicia. O Carballedo CF, que ata agora só contaba con equipo feminino, sacará a competición un conxunto masculino que miltará na Terceira Galicia. Sempre é un pracer ver como medran os equipos lucenses, especialmente se fan as cousas ben coma neste caso!



Diario dun mercado. Episodio 107

O Top-20 da Primeira na 2018-2019

Diario dun mercado. Episodio 107

O Top-20 da Segunda na 2018-2019

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *