Toni González renova neste mercado co Alfoz

Diario dun Mercado. Episodio 473

O mercado dentro do fútbol lucense non para e esta vez trae movementos que poden ser considerados como bombas. Na primeira edición do mes de xullo do Diario dun Mercado de Futbolinlugo, os clubs lucenses non só manteñen a súa actividade, senón que os seus movementos adquiriron unha dimensión nacional. Ademais, é momento de novos xogadores que atopan en que campo van xogar nunha vindeira tempada que estará cargada de emocións.

Os lucenses activan o mercado galego

O fútbol lucense ten movementos de incidencia nacional e un deles chegou en Sarria. José Antonio Rodríguez despediuse da Sarriana tras acadar o ascenso á Segunda RFEF para desfrutar dunha oportunidade no fútbol profesional no Mirandés como asistente do tamén ourensán Fran Justo. O técnico admite que Sarria xa «forma parte de min» e desde o club destacan que «será recordado durante moitos anos por un fito histórico«.

Na Terceira RFEF, o Polvorín despídese de moitas pezas neste mercado. Nas súas redes sociais, anunciou a marcha de Lansade, Maceira, Ju, Pablo Martínez, Sobrido, Raúl Paz, Germán Pared, Herrero, Vidrih, Carlos Alonso e Gabriel Martínez. Con incidencia nacional está a firma doutro dos xogadores da provincia. O gardameta lucense Julen ficha no Formentera da Terceira RFEF. O último que reactiva o mercado a nivel galego é o ex do Rácing Vilalbés Alberto Leira, que xogará na Preferente co Betanzos.

Movementos en toda a provincia

O norte continúa a axitar o seu mercado, aínda que no caso do Ribadeo a pesca chega na casa. Adri, Nacho Coto e Nico rematan a súa etapa na formación e formarán parte do novo proxecto de Criss no Ribadeo para tratar de voltar á Preferente. O Celta Barreiros xa está cada vez máis preto de pechar o seu plantel e refórzase con Izan Loredo, un xogador capaz de ser defensa ou mediocentro que procede do xuvenil da SD Burela. Na Mariña, os movementos rematan coa renovación de Toni González no Alfoz.



Os reforzos comezan no centro e sur provincial cun Rácing Vilalbés B que ficha a Alberto, procedente do Outeiro de Rei e canteirán do conxunto chairego. O Ferreira activa a defensa coa firma de Chivi procedente do Brollón. Por último, o dianteiro Luis Vigo renova no Catro Roldas para a que será a sexta tempada na Canteira para o xogador de Cospeito.

Diario dun Mercado. Episodio 473

Diario dun Mercado. Episodio 472

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *